Viveiro, 14 de outubro, 2025. O PSOE de Viveiro informa: “Hoxe procedeuse a recepción das máquinas do ximnasio da Piscina Municipal. Queremos lembrar que todas as melloras que se fixeron na piscina estes últimos meses son froito directo da xestión do anterior goberno socialista, encabezado pola ex alcaldesa María Loureiro, que traballaou en colaboración coa Deputación de Lugo para mellorar as instalacións deportivas municipais”.
“Durante o anterior goberno, asinouse un convenio de 50.000 para a renovación integral das máquinas do ximnasio, un proxecto xestionado e tramitado polo goberno socialista, que hoxe vémolo materializado coa recepción das novas máquinas”.
“Estas actuacións súmanse á instalación dunha nova deshumefectadora, tamén financiada pola Deputación de Lugo por un importe de 37.279,52 euros. Grazas á cal se puido abrir o vaso pequeno da piscina, mellorando así as condicións de seguridade e hixiene da instalación”.
“Trátase, en conxunto, de obras de mellora herdadas do anterior goberno socialista, que demostran que o executivo de María Loureiro non estaba de brazos cruzados, senón traballando día a día para mellorar Viveiro, a pesar das dificultades económicas e da falta absoluta e total de apoio da Xunta de Galicia, que para Viveiro non parecía existir”.
“O tempo unha vez máis pon as cousas no seu lugar”, sinalan dende o PSOE. “Agora queda demostrado que, mentres o Partido Popular e Por Viveiro criticaban sen fundamento, acusando ó goberno socialista de desidia; o noso goberno seguía xestionando, mellorando servizos e conseguindo investimentos para o municipio. As obras que se están facendo e as que se farán en breve son froito dese traballo serio e constante”.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



