A afección recibeu ás xogadoras á súa chegada ao pavillón con bengalas e bombos, alentando a un equipo que compiteu ata o último segundo
Burela, 11 de outubro, 2025. Tras unha retaíla de encontros e viaxes as Pícaras volveron a Vista Alegre nesta xornada 6, ás 18.45ha ante o MRB Móstoles FSF, un equipo que carrexa unha dinámica moi boa de partidos neste inicio de tempada, pero as burelenses saíron á pista con todo o aprendido nestes duros encontros de inicio e sacaron a garra, cunha primeira parte na que dominaron o partido chegando ao descanso con dous goles de diferenza e cunha segunda parte para o Móstoles que logrou remontar, poñéndose por diante pero cun último tanto das burelenses nos últimos minutos.
Primeira ocasion do encontro para Lara que dispara raso xunto ao pau, pero desvía Pitu e boa intervención de Ana Eliza no minuto 4 que salva o primeiro das visitantes. No 5 Sydorenko ten a ocasión máis clara ata o momento nun cara a cara coa porteira que consegue frear á ucraína. Lanzamento demasiado desviado de Irene no minuto 9 tras unha recuperación de Lara e un saque de banda en cancha mostoleña. Falta perigosa para o conxunto laranxa e anota Laura Barranco o primeiro, aproveitando un rexeite dun disparo de Lara tras o saque de falta de Cris, pásalla á focense que se atopa a Pitu, pero Laura recóllea e cóalla entre as pernas a Piti. Pau de Benete na seguinte xogada e lánzaa Gabi atopándose coa porteira cun disparo escorado. E chega o segundo das burelenses, un golazo de Lara tras un saque de banda de Silvia Rubal e delicatessen da focense que marca cun remate de espuela fabuloso. Continúan as ocasións cun Burela moi ofensivo pero mantense o resultado ata o descanso.
Empata o Móstoles no minuto 26 nunha acción rápida que finaliza Claudia, tocando en Ana Eliza pero non logrando desviala da potería. Gran acción individual de Sandra no fondo da pista que executa un pase da morte ao que Silvia non chega a rematar. Adiántanse as mostoleñas no minuto 31 cun golazo pola escuadra de Benete tras unha recuperación de Irene García. Belén Feal opta polo xogo de 5 e sae Irene coa elástica negra buscando o empate. Láanzaa Cris Blanco por encima do traveseiro a sete minutos do final nunha boa combinación coa porteira-xogadora e dispara ao pau Lara noutra, uns segundos despois. Continúa presionando Burela, téntao Silvia Rubal rozando o pau e sáalvaa Cris Blanco despexando co pé nun contraataque das visitantes. Chega por fin o empate cun gol de Sydorenko a portería baleira tras unha recuperación de Cris Blanco que lla pasa a Silvia e esta cédella á ucraína marcando a pracer. Falta peligrosísima no 37 que lanza a capitá pero atópase con Pitu que a despexa e no contraataque salva Ana Eliza cun paradón incrible desviando un remate de Piti. Volve saír de 5 o Burela a un minuto do final buscando adiantarse no marcador, de novo con Irene, pero pérdena e desvíaa Cris Blanco rozando os paus da portería laranxa a 20 segundos do final. Sae de 5 o Móstoles para estes últimos 20 segundos con Irene García e tira ao pau Piti a 8 décimas do final, sendo a última ocasión do encontro.
Ficha Técnica Burela FS 3-3 MRB Móstoles FSF
Burela FS (3): Ana Eliza; Cris Blanco, Silvia Rubal (C), Sandra, Lara -quinteto inicial-, Irene, Sydorenko, Gabi, Laura Barranco.
MRB Móstoles FSF (3): Pitu; Irene García, Benete (C), Clau Gómez, Piti –quinteto inicial-, Nere Moldes, Claudia, Brandolini, Montufo, Miriam Serrano.
Goles: 1-0, min. 9: Laura Barranco. 2-0, min. 13: Lara. 2-1, min. 26: Claudia. 2-2, min. 27: Piti. 2-3, min. 31: Benete. 3-3, min. 35: Sydorenko.
Árbitros: Iria de Luis, Adrián Buján, Andrea de Luis.
Incidencias: Viron tarxeta amarela, por parte das locais, Laura Barranco e Silvia Rubal. Por parte do equipo visitante, Claudia e Benete.





















Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



