Alfoz, 11 de outubro, 2025. Grupo Casa Barbeiro, como un dos grupos agropecuarios de referencia en Galicia, pon en marcha o seu último proxecto: Finca Casa Barbeiro, a queixería que sorprenderá os padais dos amantes do queixo artesanal.
Finca Casa Barbeiro culmina así un proxecto madurado durante anos, no que se coidaron tódolos detalles para ofrecer o mellor das súas gandeirías.
Dende o corazón do Grupo Casa Barbeiro, enraizado nun entorno privilexiado e cunha profunda tradición familiar, nace Finca Casa Barbeiro co propósito de revalorizar o produto local, creando elaboracións con identidade, orixe e unha calidade recoñecible, sempre baixo o amparo dun traballo ben feito.
No Grupo Casa Barbeiro, o respecto polos animais e polo medio é un piar fundamental en cada proxecto. As vacas leiteiras críanse nunha contorna natural, cun manexo libre de estrés e unha alimentación equilibrada baseada en forraxes de produción propia. As instalacións están deseñadas para maximizar a comodidade dos animais, permitindo condutas naturais que favorecen o seu benestar.
O equipo do Grupo Casa Barbeiro aplica prácticas gandeiras responsables que garanten a saúde, o benestar e a calidade de vida dos animais, certificadas baixo estándares recoñecidos de benestar animal. Este enfoque non só mellora a vida dos animais, senón que tamén se reflicte na excelencia e autenticidade dos queixos que producen.
A queixería espertou o interese de profesionais do sector agroalimentario como José Luis Martín Martín, que coa súa experiencia como xuíz e mestre afinador, está a colaborar para acadar os obxectivos do proxecto de Finca Casa Barbeiro.
José Luis leva toda a súa traxectoria dedicada á selección, maduración e posta en valor dos mellores queixos artesanais, tanto nacionais como internacionais, sendo un dos grandes referentes no mundo do queixo en España.
O seu criterio, coñecemento técnico e sensibilidade cara á calidade e a afinación do queixo convertéronlle nun referente indiscutible nos paneis de cata. O seu prestixio profesional reflíctese tanto no seu compromiso coa divulgación da cultura queixeira como no recoñecemento ao traballo de gandeiros e queixeiros.
Cando falamos da elaboración en Finca Casa Barbeiro, falamos de constancia, dun traballo diario feito a man, con dedicación e respecto polo produto. Cada queixo nace dun lote de vacas seleccionado e elabórase artesanalmente, seguindo un método coidadoso que honra as técnicas tradicionais e busca sempre a máxima calidade.
Cunha produción limitada, cada peza de queixo é o resultado dun proceso artesanal meticuloso, pensado para quen valora os sabores auténticos e coñece a orixe do que consome.
Unha vez elaborado, o queixo entra nunha cámara de maduración, onde permanece en condicións controladas de temperatura e humidade. Ao longo deste proceso, que pode durar semanas ou meses segundo o tipo de queixo, desenvólvese a súa textura, aroma e sabor característicos. O queixo vólvese regularmente para asegurar unha maduración uniforme e, nalgúns casos, cepíllase ou conséntese con salmoira, aceite ou outros ingredientes que lle achegan personalidade á codia. É nesta etapa onde o queixo cobra vida e adquire a súa identidade definitiva.
Os queixos de Finca Casa Barbeiro destacarán, sen dúbida, pola súa textura cremosa, sabor equilibrado e codia natural, con notas lácteas e un fondo vexetal que lembra os pastos frescos da Mariña Lucense.
Cunha produción limitada, cada queixo é unha xoia artesanal, un produto que emocionará aos nosos avós, evocándolles á súa infancia, un queixo pensado para quen aprecia os sabores de sempre e a orixe do que come.
A visión de futuro do Grupo Casa Barbeiro é un proxecto que representa o primeiro paso cara a un modelo agropecuario máis ético, sostible e consciente, onde o benestar animal, a tecnoloxía e a calidade gastronómica van da man.
Juanjo Fraga, responsable gandeiro do Grupo Casa Barbeiro, está convencido de que o benestar dos seus animais non é só unha decisión ética, senón unha filosofía de traballo que garante un queixo con alma. O obxectivo é facer queixos cos medios técnicos actuais, respectando a súa orixe.
Sen dúbida, é un proxecto que busca dinamizar a contorna rural galego, xerando emprego de calidade, colaboracións con produtores locais, accións de formación continua e, no futuro, visitas guiadas.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



