Ribadeo, 10 de outubro de 2025. Acisa Ribadeo celebrará o 19 de outubro a súa XI Gala Anual na que conmemorará o seu 36 aniversario e na que se entregarán varios galardóns: ao relevo xeracional, ao negocio emblemático, ao compromiso na vida empresarial, a toda unha carreira e ao ribadense do ano. As tarxetas para asistir a este evento poden adquirirse ata o vindeiro xoves, día 16.
Carmen Cruzado, presidenta de Acisa, explicou que “consideramos importante esta cita, consolidada xa, como unha velada de encontro entre o empresariado ribadense. Coa súa celebración pretendemos reafirmar o noso compromiso coas nosas asociadas e asociados, os lazos empresariais, así como o intercambio de opinións, experiencias… por elo animamos a todo empresariado asociado e tamén ao non asociado a que poidan asistir o vindeiro 19 de outubro á nosa XI Gala Anual na que conmemoraremos os 36 anos de vida de Acisa Ribadeo”.
Jesús Pérez, xerente do colectivo empresarial ribadense, indicou que “a XI Gala Anual de Acisa Ribadeo – 36º Aniversario, celebrarase o domingo 19 de outubro no Parador de Turismo ás 20:00 horas. O prezo da entrada será de 45 euros e as tarxetas poderán adquirise ata o próximo xoves, 16 outubro, nas nosas oficinas situadas na rúa San Roque 57 – baixo. Aquelas persoas que as queiran reservar previamente poden facelo a través do telefono 663 39 62 26 ou e-mail info@acisaribadeo.es”.
Cruzado Iglesias anunciou que “nesta XI Gala de Acisa Ribadeo – 36º Aniversario, esta directiva decidiu, non so entregar galardóns xa históricos se non engadir novas categorías, sendo nesta ocasión cinco. En primeiro lugar, nunha categoría que estreamos o pasado ano, entregaremos o galardón en recoñecemento ao relevo xeracional a Josefa Abelleira Barreiro y César López Abelleira, que son nai e fillo, primeira e segundo propietarios de Gasolinera El Jardín / Gasóleos Abelleira; establecementos que seguen abertos grazas ao relevo xeracional familiar. En segundo lugar acordamos conceder o galardón ao recoñecemento como negocio emblemático de Ribadeo, tamén creado o pasado ano, a Bis a Bis, en recoñecemento pola súa traxectoria como local que fixo historia en Ribadeo, tras 40 anos de vida. Un novo galardón neste ano, é o de recoñecemento á vida empresarial, que recae en Juan Antonio Fernández Andina, recentemente xubilado, en recoñecemento os seus anos dirixindo dous coñecidos negocios como foron Eureka Kids e R23, e especialmente ao seu compromiso con Acisa Ribadeo e coas súas directivas, das que formou parte en varias ocasións. Concederemos un galardón histórico, como é o de recoñecemento a toda unha carreira, que este ano recae en María del Carmen Mon Bellón, pola súa xubilación, tras unha carreira profesional dedicada ao comercio local, á fronte da súa histórica tenda Pequerrechos. E por último, concederemos o galardón como ribadense do ano, a Fabián Pérez Rego, pola súa traxectoria profesional en medios de comunicación de ámbito estatal a pesares da súa xuventude e pola súa disposición a colaborar con todas as iniciativas de promoción deste municipio”.
A presidenta de Acisa subliñou que “é de agradecer especialmente a Gasóleos Abelleira, a Bis a Bis e a Pequerrechos a súa fidelidade a Acisa Ribadeo, asociación da que forman parte desde os seus inicios hai 36 anos. Algún deles foi ademais socio fundador. Grazas a todas e a todos por ese apoio constante durante tanto tempo. Os negocios locais asociados son os que engrandecen Acisa Ribadeo. E a Juan Andina, grazas tamén, por involucrarse en varias directivas desta asociación. Non é doado dar o paso á fronte e conciliar o traballo do día a día, coa vida familiar e coa labor asociativa”.
Cruzado Iglesias engadiu: “en Ribadeo hai máis negocios emblemáticos, hai máis relevo xeracional e hai máis persoas que poderían ser as ribadenses do ano. Neste 2025 eliximos estas e en vindeiras edicións serán outras as receptoras destes galardóns de Acisa”.
Pérez Prada declarou: “esta gala comezará ás 20:00 horas coa recepción dos invitados e un pequeno aperitivo de pé, para dar paso en torno ás 21:00 horas ao comezo do evento cos discursos das autoridades, a entrega de galardóns e de seguido desfrutar dun menú excepcional, conformado por salpicón de pescado e marisco, concha do peregrino, croquetas de xamón e táboas de embutidos, de primeiro prato, degustaremos un taco de salmón con grelos e xamón en salsa holandesa, de seguido un sorbete de limón e xenxibre para cambiar o sabor, e de prato principal, un orixinal prato elaborado con carne de porco celta. Para rematar con tarta de milfollas con xema tostada. Todo acompañado por auga, viño branco godello e tinto rioja e rematando con café e licores”.
O xerente de Acisa manifestou: “desde Acisa Ribadeo animamos a familiares e amigos dos galardoados a asistir a esta gala na súa homenaxe, así como ao empresariado local, sexa asociado ou non, a participar neste encontro”.
Esta XI Gala Anual de Acisa Ribadeo conta co patrocinio principal de BeOne, así como de: Gestión Gratelu, Talleres Cardi, Mariña Asesores, Limpezas Lema, Iriarte Artes Gráficas, Kids & Us, Mariscos Ribadeo, Restaurante Marinero, Industrias Anel e Atleet Ribadeo. Ademais conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Ribadeo, do Parador de Ribadeo, de Aquí Diario e de Discosta Norte. “A todos eles queremos mostrarlles o noso profundo agradecemento, por colaborar con nos, e queremos amosar o noso agrado por ver como tantas empresas creen no bo traballo e na boa imaxe de Acisa. Grazas pola súa disposición para estar ao noso carón nesta ocasión tan especial. Moitas grazas a todas estas firmas polo seu apoio e tamén a todas as que nos acompañaron ao longo deste 2025 nas moitas actividades organizadas pola Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo”, indicou Carmen Cruzado.






















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



