Foz, 10 de outubro de 2025. O Concello de Foz licita, a través do procedemento aberto de contratación, a renovación e mellora do acceso ao IES de Foz, das rúas Jesús Nazareno, do Mar, Concello de Cervo e a substitución da rede de abastecemento de Alfredo Brañas por un importe de 372.366, 33 euros, con cargo ao Plan Deputación 2025. As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 23 de outubro.
O alcalde, Fran Cajoto, destaca que se trata de “obras moi demandadas polas veciñas e veciños, que se integran no proceso de renovación de servizos e mellora do firme e accesibilidade que se está a desenvolver no casco urbano de Foz, dentro do Plan de Mobilidade aprobado en marzo do ano 2022”.
O rexedor municipal explica que “unha das principais prioridades é mellorar a accesibilidade ao instituto de Foz, para que os autobuses poidan parar en condicións de seguridade para todos os alumnos. Por iso cremos importante investir algo máis de 117.000 euros nunha obra que é fundamental para o IES de Foz, referente na comarca. No Campo da Cabana vanse executar obras por algo máis de 121.000 euros, centradas no firme da rúa do Mar e en renovar saneamento, abastecemento e mellora de firme na rúa Jesús Nazareno. Tamén imos substituír a rede de abastecemento en Alfredo Brañas e por un importe de 105.000 euros; e na rúa Concello de Cervo renovar a rede de fecais, dispoñer unha nova liña de pluviais e dispoñer un novo o firme”.
Estas obras completan a actuación de renovación integral que se está a executar na rúa Alfonso X, orzamentada en algo máis de 67.000 euros e que executa a empresa Construcciones Cazás SL. “Hoxe puiden comprobar coa contrata o avance da renovación de Alfonso X, que vai a bo ritmo. Contamos poder aglomerar o vial a vindeira semana ou a seguinte máis, en función da dispoñibilidade dos equipos”, destaca o alcalde.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



