Os senadores do Partido Popular pola provincia formulan novamente preguntas oficiais ante o Executivo central ante as “urxentes actuacións” que requiren estas instalacións en mala situación para “vivir e prestar servizo”
O Valadouro, 16 de outubro de 2025. O Partido Popular advirte que as instalacións do cuartel da Garda Civil do Valadouro requiren de obras de reparación e rehabilitación con carácter urxente. E por iso os senadores pola provincia José Manuel Balseiro, José Manuel Barreiro e Juan Serrano veñen de dirixirse formalmente ao Goberno de Sánchez para que explique cando ten previsto acometer obras, en que van consistir, con canto presuposto contan e en que prazo se executarán.
Os populares lembran que se trata dunha demanda unánime da corporación municipal do Valadouro que aprobou en Pleno instar ao Goberno de España a realizar obras de illamento térmico, pintado e redistribución de espazos para potenciar a comodidade e funcionalidade destas instalacións que “non están en óptimas condicións para prestar servizo e, moito menos, para vivir”, como subliña o senador mariñán José Manuel Balseiro.
Recentemente o Goberno de España afirmaba en resposta a outra pregunta formulada polos senadores populares que procedería a realizar obras de reparación e rehabilitación segundo as necesidades do cuartel con cargo aos presupostos de gasto descentralizado que executa a Comandancia de Lugo; pero non especificaba as actuacións a realizar nin os prazos ou características das obras.
Balseiro esixe unha resposta por parte do Ministerio de Interior toda vez que se están a acometer obras similares noutros cuarteles en situación parecida ou, incluso, mellor.
Ademais, engade que “pasaron sete meses dende que o Goberno de Sánchez se comprometera, en documento oficial, a realizar as obras no cuartel da Garda Civil de Ferreira do Valadouro sen que tiveramos nunha noticia a pesar de que incluso o senador socialista, César Mogo, aseguraba publicamente que as obras no cuartel do Valadouro xa estaban contempladas polo Goberno de Sánchez.





















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



