As poucas enquisas referidas ás eleccións nacionais galegas posteriores aos últimos comicios de febreiro de 2024 reflicten unha lixeira, mais sostida, baixa do PP (da orde de 2-2,5 puntos que lle poderían facer perder un escano, mais comprometerían moi de perto os dous que definen a absoluta) unha tendencia á alza do BNG (máis ou menos 1,5 puntos) e unha perda de décimas do PSdeG, mentres as demais forzas políticas seguirían moi lonxe do 5% que fai posíbel quitar escano.
Mais antes das nacionais galegas de 2028 (ou, quizais, da segunda metade do 2027), veñen as locais de maio de2027. E aí o sobernismo galego está obrigado a continuar o alargamento social de 2023, anovando candidaturas, mais tamén integrando persoeiros, grupos e candidaturas locais de sensibilidade galeguista, municipalista e progresista. O PPdeG (consciente do dano que lle está a facer o proxecto Altri e a xestión dos lumes) coñece da importancia destas locais e está a disparar contra todos os alcaldes nacionalistas e progresistas que pode (o último até de agora o de Ribeira, moi recoñecido no seu concello e bisbarra), sumando para as mocións de censura, mais tamén integrándoas cara as candidaturas da dereita no 2027, a tutti quanti dese ateigado mundo de grupúsculos supostamente independentes de persoas (no seu día) cabreadas co PP.
Fronte esta enxurrada de mocións de censura e presións no eido local, o BNG habería ser moi hábil en facer realidade, nos concellos galegos post 2027, o alargamento social e maila integración dese país dinámico, moderno, transversal e inclusivo no que acredita Pontón e a dirección nacional refrendada a fins de 2024 polo 85% do voto das persoas adherentes. Os obxectivos han ser subir votos e representación en case todas as vilas e cidades e sumar novas alcaldías e cogobernos, entre eles aqueles perdidos pola enxurrada de mocións de censura posteriores á sentenza do Tribunal Constitucional da primavera de 2025 que permitiu computar os votos dos concelleiros tránsfugas. Atendendo sempre á necesidade dunha xestión transformadora e eficaz, pois que son os colectivos máis vulnerábeis os que primeiro sofren das eventuais eivas xestoras dos gobernos locais progresistas.
Semella que a tendencia lóxica na Galicia é que o nidio liderado da oposición no Parlamento de Galicia que o electorado outorgoulle ao BNG no 2020 e 2024 determine un substancial avance do BNG nas locais de 2027.Para iso cómpre elixir persoas de nidia aptitude e vocación de goberno que ofrezan ás veciñanzas boas expectativas, quer de continuidade, quer de cambio. en cadanseu concello. Exemplos de éxito, dende a Pontevedra de Lores até o Carballo de Ferrero e o Allariz de Quintana, García e Cid hainos e ben potentes.
Require isto, tamén, continuar na potenciación dunha clara visibilización nacional dos alcaldes e alcaldesas soberanistas, nomeadamente as das principais vilas e cidades. A capacidade de gobernar os concellos anticiparía o xuízo da cidadanía a respecto da capacidade de gobernar o País
Transcendendo das locais de 2027 cara ás nacionais galegas de 2027 ou 2028, cómpre lembrar o discurso de Pontón no peche da XVIII asemblea congresual: “o revolucionario é gobernar”. Nin a propia organización soberanista nin os sectores sociais que se sintan próximos ao seu proxecto haberían dubidar, non xa da conveniencia, senón da necesidade de acceder ao goberno deste país e da esixencia de arrombar resistencialismos e fundamentalismos para integrar eses centos de milleiros que debullan esa Galicia moderna e dinámica que é quen de se pensar e expresar dende si propia. A Galicia que habería ser protagonista do cambio político galego.


















A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.
A última xornada tivo lugar o sábado 7 de marzo no Local Social, coa disputa da final entre as dúas parellas clasificadas. A continuación celebrouse a tradicional cea e a entrega de premios ás tres primeiras parellas. Os equipos gañadores foron: 1º posto: Carlos e Toñito. 2º posto: Eladio e Santi. 3º posto: Tomás e Demetrio. A Xunta Directiva agradece a excelente acollida desta edición e expresa o seu desexo de seguir contando coa participación de todos nas vindeiras convocatorias.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.



