Cervo, 29 de outubro, 2025. O Concello de Cervo, en colaboración con diferentes asociacións, prepara unha fin de semana chea de propostas para celebrar o Samaín e o outono con actividades pensadas para todos os públicos.
FESTA DE SAMAÍN EN CERVO
O venres 31 de outubro, a partir das 17:30 horas, as Escolas Vellas de Cervo acollerán a Festa de Samaín, organizada pola Asociación Cultural Airiños do Xunco coa colaboración do Concello de Cervo.
Haberá un taller de Samaín e a actuación infantil “Abracadaver”, pensada para os máis pequenos, nun ambiente cheo de maxia e diversión.
FINDE ANFIBIO TERRORÍFICO – OBRADOIRO DE SAMAÍN INFANTIL
O sábado 1 de novembro, de 10:00 a 12:00 horas, celebrarase na Casa da Cultura un obradoiro de Samaín, dirixido a nenos e nenas de infantil e primaria, para desfrutar dunha mañá creativa e moi especial.
MAGOSTO MUSICAL EN SAN ROMÁN
Tamén o sábado 1 de novembro, a partir das 18:00 horas, o Pavillón de San Román será escenario do 1º Magosto Musical, organizado polo grupo Fol do Raxal coa colaboración do Concello de Cervo e da Comunidade de Montes de San Román de Vilaestrofe.
A xornada contará coas actuacións de:
Foles de Viveiro
Dambara
Arume
Fol do Raxal
E non faltarán: Castañas de balde, Bolos preñados, Cantina e Foliada libre ao remate (trae o teu instrumento e súmate á festa).
CONTOS, CASTAÑAS E TEAS DE ARAÑA EN SAN CIBRAO
O domingo 2 de novembro, ás 12:30 horas, a Casa do Mar de San Cibrao acollerá o espectáculo “Contos, castañas e teas de araña”, da man de Marta Ortiz. Unha actividade familiar para pechar cun sorriso unha fin de semana chea de tradición, historias e sabor outonal.
Desde o Concello de Cervo “convidamos a toda a veciñanza e visitantes a participar nestas propostas, que combinan a tradición galega co espírito festivo do Samaín.
Non perdas esta fin de semana outonal e terrorífica!”.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.



