Tanto na noite do sábado como na mañá do domingo, houbo moitos veciños axudando na súa búsqueda, por iso quere dar as grazas aos membros de protección civil, garda civil e aos veciños que colaboraron durante horas. Na mañá do domingo realizouse unha nova búsqueda coordinada polo sarxento Vázquez, do cuartel da garda civil do Valadouro, que foi todo un éxito dado que ao pouco de comezar atopouno con vida un dos veciños que colaboraba nunha zona de monte a un km da casa. De seguido foi trasladado ao hospital da Mariña onde permanece estable e cos debidos coidados. “Foi unha moi boa noticia para toda a veciñanza e agardamos se recupere o mais rápido posible para que poida voltar á súa casa”.























O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



