O Tenente de Alcaldesa, Mario Pillado, felicita a toda a comunidade por este histórico fito deportivo
Burela, 15 de outubro, 2025. Este pasado luns a selección de fútbol de Cabo Verde lograba por primeira vez na historia a clasificación para o Campionato Mundial de fútbol a disputar en 2026. En Burela foi unha cuestión moi celebrada pola comunidade caboverdiana en particular e probablemente por toda a veciñanza, dalgunha maneira. “En primeiro lugar felicitamos a toda a comunidade caboverdiana de Burela e facemos extensible eses parabéns a todo o país irmán. Se o seu presidente, José Maria Pereira Neves, referiuse a Burela como a undécima illa do arquipélago, non podemos mais que celebralo e sentirnos partícipes tamén deste resultado” indica o Tenente de Alcaldesa e Concelleiro de Inmigración, Mario Pillado Mon.
Continúa Pillado dicindo que “nos últimos tempos Cabo Verde ten avanzado moito a nivel deportivo, xa conseguiu clasificarse para as fases finais dos mundiais de balonmán ou baloncesto. Isto demostra que con traballo e constancia sempre se pode mellorar e ir acadando obxectivos, algo que teño comprobado tamén na miña faceta deportiva. O pobo caboverdiano é un exemplo de traballo e constancia en tódolos ámbitos, algo que sabemos perfectamente no Concello de Burela.
O concelleiro de inmigración agradece á comunidade de orixe estranxeira a súa contribución con Burela
Aproveitando esta celebración así como a recente visita do primeiro ministro de Cabo Verde, José Ulisses Correia e Silva, Pillado destaca que “temos que estar moi agradecidos ó pobo caboverdiano e a tódolos pobos que constrúen esta realidade multicultural que é Burela, pola achega que fan co seu traballo e a súa cultura. Temos unha diversidade que supón unha gran riqueza”.
O voceiro do BNG en Burela aproveita para resaltar que “esta semana cotexando os datos de poboación estranxeira comprobamos como son xa 52 nacionalidades as que están representadas na nosa vila e que, en parte, grazas a iso sobrepasamos a barreira dos 10.000 habitantes, ata 10.082. É algo que interpretamos como moi positivo, porque sabemos que recibimos a xente que se adica a traballar, a xerar riqueza de todo tipo e axudar nos seus lugares de orixe, é un beneficio para todas as partes”.
Para rematar o Tentente de Alcaldesa sinala que “por iso, dende a área de Inmigración do concello de Burela, sostemos un discurso en positivo da realidade que temos como sociedade, conscientes da responsabilidade que supón na xestión e tendendo a man a tódalas administración a traballar con nós de forma diferenciada, porque a nosa riqueza multicultural fainos diferentes”





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


