Ribadeo, 15 de outubro, 2025. O grupo municipal do BNG de Ribadeo, a través do seu portavoz Pablo Vizoso, presentou unha queixa dirixida á Valedora do Pobo polas “reiteradas denegacións e impedimentos para acceder á documentación e a información de expedientes que obran en poder do Concello de Ribadeo tras as solicitudes realizadas a comezos do mes de setembro”.
Nese escrito o portavoz do grupo nacionalista denuncia que por parte do Concello “se limitan a dar unha resposta con expresións tan vagas e imprecisas que acreditan que o único que pretenden é impedir de forma deliberada o acceso á información por parte da oposición, incurrindo nun acto dilatorio e con falta de transparencia. Lembra que esta actuación por parte do Concello supón deixar sen efecto o dereito fundamental dos concelleiros a dispoñer da información precisa para exercer a súa función de control e supervisión da xestión municipal”. Indica tamén que “non é a primeira vez que o alcalde e o seu equipo actúan deste xeito, negando a información, senón que leva ocorrendo con frecuencia neste mandato e tamén o denunciamos noutras ocasións. Neste caso solicitamos coñecer o estado no que se atopa o expediente do Aprol Rural 2025, relacionado cunha subvención e tamén pedimos as facturas de diferentes empresas que están en poder do concello; está claro que teñen algo que ocultar”.
Vizoso engadiu que: “moito nos temos que preocupar os veciños e veciñas de Ribadeo porque cada vez que desde o BNG lle pedimos ao Concello información de facturas, de traballos ou de contratos sempre actúan do mesmo xeito: ou non respostan ou dan excusas para negar a infomación”.



















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.



