Montse Valcárcel critica o Goberno do PP por incentivar o cultivo de eucalipto no canto de apoiar os propietarios de piñeirais con pragas
Santiago de Compostela, 19 de outubro, 2025. A deputada e responsable de Montes e Industrias Forestais do BNG, Montse Valcárcel, asegura que a prórroga da moratoria do eucalipto anunciada pola Xunta de Galiza ata 2030 “non é unha solución real, senón un simple exercicio de maquillaxe política”.
Para a deputada, o anuncio feito este xoves polo Goberno de Rueda é “un apaño cheo de excepcións” que, na práctica, “abre a porta ao avance do monocultivo de eucalipto no noso País”.
Valcárcel denunciou que esta especie segue medrando “sen control”, mentres a Xunta non fai públicos os datos reais de superficie e as sancións impostas representan unha mínima parte das infraccións detectadas.
Para a deputada nacionalista, o problema de fondo é que o Goberno galego, en lugar de apoiar os propietarios de piñeirais para combater as pragas e recuperar as masas autóctonas, está impulsando e incentivando a substitución do piñeiro polo eucalipto. “Así, paseniño, Galiza vai quedando sen piñeiro, sen biodiversidade e sen alternativas para o rural”, lamentou.
“É o propio goberno galego quen, con esta pseudo-moratoria, promove a colonización do noso territorio polo monocultivo”, afirmou Valcárcel.
A nacionalista lembrou ademais que este ano arderon en Galiza máis hectáreas ca nunca desde que hai rexistros, e alertou das consecuencias de ter grandes extensións de eucaliptos. “Sabemos o que pasa cando o lume se achega aos grandes eucaliptais: o risco e o dano multiplícanse para o medio e para as persoas”, subliñou.
Por todo isto, o BNG esixe á Xunta partidas reais, cuantificadas e suficientes para restaurar o bosque autóctono, apoiar a diversificación forestal e frear de verdade o monocultivo.
“O que está en xogo non é só a masa forestal: é o futuro das aldeas, da economía do rural e da identidade de Galiza. Defender o monte galego é defender Galiza” concluíu Valcárcel.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



