O acto terá lugar este próximo sábado, 18 de outubro, ás 19:30 horas e tamén se inaugurará a exposición dos carteis que deseñou o ilustrador para a Queimada Popular de Cervo
Cervo, 14 de outubro de 2025. O Concello de Cervo en colaboración con Airiños do Xunco, celebrará este sábado 18 de outubro, ás 19:30 horas, un acto no que a Sala das Carboeiras, situada no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, será bautizada como “Sala Cultural Xosé Vizoso”, en homenaxe ao recoñecido artista e creador, recentemente falecido, cuxa pegada artística e humana permanecerá para sempre ligada á identidade cervense. Unha idea que partiu da asociación Airiños do Xunco a raíz do falecemento do ilustrador e que desde o Concello se valorou e apoiou desde o primeiro intre. Así como tamén se están a valorar outras propostas presentadas por distintas asociacións e colectivos locais para continuar recoñecendo e poñendo en valor a figura e o legado de Xosé Vizoso no ámbito cultural cervense.
A rexedora, Dolores García Caramés, destacou que “con este nomeamento queremos agradecer e perpetuar o legado de Xosé Vizoso, unha figura que fixo de Cervo a súa inspiración constante. A súa creatividade, xenerosidade e compromiso coa cultura deixaron unha fonda pegada no noso municipio”. Engadiu tamén que “esta sala será pois un espazo vivo no que a arte e o coñecemento seguirán florecendo, mantendo presente o seu espírito”.
Ademais, durante o acto, a agrupación Airiños do Xunco inaugurará unha exposición que reúne os carteis da Queimada Popular, deseñados por Vizoso ao longo de case medio século. Unha mostra que é un percorrido pola súa obra gráfica vinculada a unha das celebracións máis emblemáticas do municipio, que organiza cada ano con gran dedicación e entrega a asociación Airiños do Xunco, e que está declarada de Interese Turístico Galego.
Cabe recordar que antiga Sala das Carboeiras foi completamente renovada e transformada nun espazo multidisciplinar único, aberto á creatividade e á cultura en todas as súas formas. O novo espazo ofrece múltiples opcións para proxeccións, conferencias, exposicións de pintura e escultura, entre outras actividades. Con amplas instalacións e unha atmosfera versátil, ten as condición para ser un perfecto punto de encontro para artistas, profesionais e público en xeral, fomentando a interacción, a inspiración e a difusión da arte e do coñecemento.
Dende o Concello de Cervo fan un chamamento á veciñanza e ao público en xeral para participar neste acto, que será tamén un momento de lembranza, recoñecemento e celebración da vida e legado de Xosé Vizoso.






















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



