“O PP de España e de Galicia non poden mirar para outro lado, como fan habitualmente”, subliñou o socialista Carlos López Font, que criticou a inacción do Goberno galego: “O presidente Rueda estivo en Bruxelas e non se coñece acción algunha en defensa do sector pesqueiro galego”
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2025. O socialista Carlos López Font advertiu hoxe no Parlamento galego, na comparecencia da Conselleira do Mar que a proposta da Comisión Europea de reducir un 67% os fondos europeos para a pesca (FEMPA) “é absolutamente inaceptable” e suporía “un golpe letal para Galicia, a principal comunidade pesqueira de España e unha das máis importantes de Europa”.
Font lembrou que a proposta comunitaria contempla unha redución de aproximadamente 2.000 millóns de euros “polo que os e as socialistas de Galicia rexeitámola de plano polas consecuencias que tería para o noso país”.
O parlamentario socialista reclamou “unha contestación e mobilización institucional conxunta” entre o Goberno de España e as comunidades autónomas, e instou á Xunta “a romper coa práctica habitual dos gobernos de Feijóo e Rueda de enfrontamento institucional”.
“Os socialistas facemos un chamamento a unha fronte común entre o Goberno de Galicia e o Goberno de España”, afirmou, lembrando que “valoramos de forma moi positiva a inmediata reacción do ministro Luis Planas, de considerar que o recorte é inaceptable”.
Font tamén criticou a actitude do Partido Popular ante un recorte impulsado desde as súas propias filas en Europa: “O goberno da Comisión Europea é de maioría absoluta do Partido Popular Europeo, o máis de dereitas que tivo a Unión Europea nunca”, advertiu. Engadiu que “o comisario de Pesca é do PPE e na súa primeira e decisiva actuación traizoou á pesca con este recorte do 67%”.
“O Partido Popular de España e de Galicia non poden mirar para outro lado, como fan habitualmente”, subliñou Font, quen denunciou ademais a inacción da Xunta: “O presidente Rueda estivo de viaxe en Bruxelas e non se coñecen accións en defensa do sector pesqueiro en Galicia”. E engadiu: “Sería moi bo que Feijóo, tan dado a desprazarse a Bruxelas para criticar ao Goberno de España, se posicionase expresamente en contra desta redución”.
Nesta liña, advertiu que “sen eses recursos, non só se pon en risco a actividade económica, senón tamén a conservación do ecosistema mariño, que é vital para o noso planeta”, e fixo unha chamada “á solidariedade, á unidade política e social para facer fronte a esta ameaza e para que Galicia siga sendo un referente europeo en pesca e en protección dos nosos océanos”.
“Os socialistas estaremos sempre á beira dos pescadores, das confrarías e de todos os traballadores do mar para defender os seus dereitos e garantir que a pesca siga sendo unha actividade viable, xusta e sostible”, concluíu. “Non podemos permitir que as decisións tomadas lonxe da nosa terra penalicen o traballo duro e a historia da nosa xente”.
























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



