A actuación permitirá aumentar a capacidade de tratamento da EDAR en case 20.000 m³ anuais e supón un importante impulso para o Polígono de Cuíña
Cervo, 17 de outubro do 2025. O Concello de Cervo está a executar unha importante actuación de mellora do sistema de transporte e depuración de augas residuais na EDAR de San Cibrao, situada no Polígono Industrial de Cuíña, cun investimento de algo máis de 150.000 euros -158.311,85 euros concretamente- financiado a través dunha subvención da Xunta de Galicia destinada a parques empresariais.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata a planta depuradora para ver in situ o alcance dos traballos destacando que “se trata dunha actuación moi importante para mellorar a eficiencia e a capacidade de tratamento da nosa infraestrutura hidráulica, reducindo os alivios nos episodios de choiva intensa e garantindo un maior volume de auga tratada”.
O proxecto ten como obxectivo optimizar a explotación do tanque de tormentas e da EDAR, aumentando ata en 19.980 m³ anuais a capacidade de tratamento da estación en escenarios de choiva prolongada.
Entre as actuacións máis destacadas atópanse:
Renovación das bombas da EBAR do tanque de tormentas, cun incremento do caudal de bombeo nun 33 %.
Modernización dos cadros eléctricos e sistemas de control, permitindo activar as bombas en función do nivel do tanque.
Mellora da automatización da EDAR, cun novo sistema de control do caudal de entrada ao reactor biolóxico e da recirculación e purga de fangos.
Incorporación de sensores de pH, condutividade e caudal, así como integración de todos os equipos no sistema de telexestión SITIAS, para unha explotación máis eficiente e monitorizada.
Ademais das actuacións na estación principal, e no tanque de tormentas, -no parque Reina Sofía-, tamén se están executando melloras nas estacións de bombeo do polígono, garantindo un funcionamento coordinado de todo o sistema.
A alcaldesa subliñou que “estas melloras supoñen un avance significativo na xestión sostible da auga, asegurando o cumprimento da normativa ambiental”. Engadiu tamén que esta actuación contribúe a fortalecer o Polígono Industrial de Cuíña, “mellorando as súas infraestruturas básicas e reforzando a súa competitividade como espazo estratéxico para a implantación e o desenvolvemento de empresas no municipio”.
Unha actuación que se suma, á que o Concello de Cervo está a executar tamén neste parque empresarial para mellorar os accesos e a mobilidade peonil; proxectos ambos os dous que reflicten unha aposta integral do Concello de Cervo pola modernización e dinamización do polígono, co obxectivo de impulsar o desenvolvemento económico local e ofrecer servizos de maior calidade tamén ás empresas, ás persoas traballadoras e á veciñanza en xeral, que tamén se beneficiará dunha contorna máis ordenada, eficiente e sostible.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



