Ribadeo, 11 de outubro, 2025. O BNG explica que: “O PP de Ribadeo foi un auténtico especialista en disimular que a Xunta non se comprometía co noso concello. Durante moitos anos fartouse de xustificar a negativa do goberno galego a apoiar investimentos que lle correspondían polas súas competencias (a residencia de maiores, as obras de abastecemento de auga, instalacións deportivas…). Mesmo avalou as declaracións da conselleira de medio ambiente en 2017 cando afirmaba que a reforma do abastecemento de auga para Ribadeo era competencia municipal. Por aquel entón, á Xunta, e á propia conselleira, resultábanlle “incomprensíbeis” as queixas do anterior goberno municipal acerca da falta de investimento por parte do goberno autonómico. Incluso o propio Daniel Vega chegou a xustificar que, en canto que a Xunta xa destinara até 850.000€ dos Fondos de Cooperación Local á Ribadeo, o noso concello debería dedicar ditos fondos a emprender a obra de reforma do abastecemento da auga”.
“E agora que a Xunta está disposta a financiar unha obra como a reforma do abastecemento de auga para Ribadeo, o goberno municipal do PP, no canto de se felicitar por vir este investimento para o noso concello, anda á procura de chibos expiatorios para desviar a atención da responsabilidade que lle toca asumir: o 20% do investimento. Polo que se ve, agora, para o PP, xa non é competencia municipal (nin sequera no 20% que lle corresponde asumir)”, engaden.
“Non é a primeira vez que, ao longo deste mandato, o goberno municipal perdeu algunhas subvencións para abordar obras de certo calibre por non poder achegar a parte que lle correspondía como concello. E por que? Pois porque foi malgastando os remanentes de que dispoñía o concello e agora non ten liquidez nin para pagar nun prazo de tempo aconsellábel as facturas, nin tampouco para facer fronte a obrigas do concello cando se presenta a oportunidade de abordar algunha reforma importante e se conta con subvención doutros organismos”.
“Coa reforma do abastecemento de auga de Ribadeo está a ocorrer algo semellante. Ademais de querer polemizar contra o goberno da Deputación Provincial poñendo o concello de Ribadeo ao servizo da estratexia de Elena Candia na Deputación, agora tamén sabemos que lle vén como anel ao dedo a Daniel Vega montar esta polémica para así desviar a atención da carencia de solvencia económica do goberno que preside. Daniel Vega fulminou as arcas municipais e ten que disimular proxectando sobre os demais a súa responsabilidade. Ben deitou Ribadeo do esforzo inversor da Deputación de Lugo ao longo destes anos con obras de grande calado das que agora todos e todas nós nos beneficiamos. Lembremos o pavillón, a residencia de maiores, varias reformas no viario ribadense que deixaron totalmente transformados barrios enteiros…”.
“Non nos vai despistar Daniel Vega, non. Por moito que queira facer como cando se tramitou o centro de saúde, que un día dicía unha cousa e ao seguinte xusto a contraria, segundo lle conviñera. Céntrese, alcalde; céntrese e achegue a parte que lle corresponde para que se poida levar a cabo a reforma do abastecemento da auga de Ribadeo. Tanto como lle dá voltas ao tema, semella que non lle saen as contas e por iso insiste na polémica. Agardemos que non nos pase como no caso doutras subvencións perdidas porque o concello non tiña diñeiro para poñer a súa parte”, conclúen.



















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



