O acto celebrarase o 5 de novembro, coincidindo co 41 aniversario do inicio das clases na Facultade de Veterinaria, un proxecto decisivo ao que Cacharro dedicou unha atención especial dentro do seu obxectivo de consolidar o noso Campus Universitario como motor do concello e da provincia
Lugo, xoves 16 de outubro de 2025. O Partido Popular de Lugo celebrará o vindeiro mércores, 5 de novembro, un acto de lembranza a Francisco Cacharro Pardo, coincidindo co décimo aniversario do seu pasamento.
O evento terá lugar ás 19:00 horas no salón de actos da Facultade de Veterinaria, un espazo especialmente simbólico por cumprir ese día 41 anos do inicio das clases nesa Facultade, un proxecto ao que Cacharro dedicou unha atención decisiva dentro do seu obxectivo de consolidar en Lugo un Campus Universitario como motor de progreso para a cidade e a provincia.
A presidenta provincial, Elena Candia, o presidente do PP local, Ramón Carballo, e o presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz, detallaron en que vai consistir este acto.
Co título “Lembrando a Paco Cacharro”, o acto incluirá catro accións conmemorativas:
A posta en marcha dunha páxina web dedicada á súa figura
A proxección dun vídeo con imaxes e testemuñas
A presentación dun libro de 210 páxinas no que participan preto de medio cento de persoas que tiveron relación con el, tanto do ámbito político como persoal
Unha exposición conmemorativa da que se editará un catálogo para que os asistentes poidan “levar a exposición para a casa”
Estas accións buscan recoñecer a traxectoria e o legado dun político irrepetible, que foi presidente provincial do PP, concelleiro, conselleiro, senador e durante 24 anos presidente da Deputación de Lugo, con resultados que marcaron unha etapa de avance sen precedentes para a provincia.
O acto contará tamén coa intervención musical do Orfeón Lucense, coro oficial da Catedral de Lugo, dirixido por Sara Nebra, quen xa entregara no seu día a insignia de ouro da agrupación a Francisco Cacharro en recoñecemento ao seu apoio á música e á cultura lucense.
ABERTO AO PÚBLICO
O Partido Popular explica que este evento está aberto ao público, e convida a todos os lucenses a participar nesta homenaxe a quen, durante case un cuarto de século, fixo progresar Lugo desde a presidencia da Deputación Provincial, deixando unha pegada fonda e duradeira na historia da cidade e da provincia.



















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.



