A subdelegada lembrou que o Goberno leva investidos máis de 6 millóns de euros en actuacións do Servizo Provincial de Costas na Mariña lucense nos últimos anos
Burela, 30 de outubro de 2025. A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou esta mañá o Concello de Burela para supervisar as obras que o Servizo Provincial de Costas, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, está a executar no entorno da praia da Marosa.
A subdelegada e a alcaldesa, Carmela López, aproveitaron para analizar as principais actuacións que o Goberno de España impulsa no municipio e, especialmente, as intervencións que Costas desenvolve no litoral da Mariña. Posteriormente, ambas realizaron unha visita técnica ás obras, acompañadas polo xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Carlos Gil.
A actuación na Marosa enmárcase no proxecto de conservación e mantemento do litoral da costa de Lugo. Cun investimento de 30.000 euros, os traballos consisten na demolición dos muretes deteriorados, na creación de novas zonas de esparexemento e na instalación de bancos-miradoiro de madeira retranqueados respecto á liña do paseo actual, o que permitirá recuperar zonas verdes e mellorar a integración paisaxística do entorno.
Tamén está prevista a recolocación das luminarias existentes e a instalación de soportes para paneis informativos, todo iso dentro da zona de dominio público marítimo-terrestre e sen afección a espazos incluídos na Rede Natura 2000.
A subdelegada destacou que esta intervención se suma ás actuacións realizadas polo Servizo Provincial de Costas nos últimos anos, cun investimento global superior aos seis millóns de euros na comarca da Mariña, orientado á protección e posta en valor do litoral lucense.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



