Alertan de que a Xunta volve esquecer O Vicedo nas súas contas, deixando sen resposta demandas históricas como a LU-862, o saneamento, o peirao, o centro de día ou a VAC
Lugo, 24 de outubro de 2025. O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE do Vicedo manifesta a súa profunda indignación ante os Orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2026, nos que “o noso concello volve quedar completamente excluído de calquera investimento significativo”. Para os socialistas, esta realidade consolida unha política persistente de abandono institucional, repetida ano tras ano, que compromete con gravidade o desenvolvemento social, económico e demográfico do Vicedo. A formación socialista considera este feito “inxustificable, discriminatorio e incompatible co principio de cohesión territorial que a Xunta proclama cada vez que fala da Galicia rural”.
Desde o PSdeG-PSOE subliñan que esta exclusión non é un accidente nin unha descoordinación administrativa, senón unha decisión política consciente e reiterada. Unha vez máis, desaparecen das contas autonómicas todos os proxectos fundamentais que a veciñanza do Vicedo leva anos reclamando con paciencia, firmeza e lexitimidade. A estrada LU-862, principal vía de comunicación da Mariña occidental, “continúa nun estado lamentable no tramo que atravesa o noso municipio. O firme deteriorado, a inseguridade viaria e a falta de mantemento contrastan co estado da mesma estrada en Mañón, xa renovada pola Xunta no tramo coruñés”, alertan. “Como se pode defender a cohesión territorial mentres se consente esta evidente desigualdade entre dous concellos veciños unidos pola mesma estrada? Esta é a metáfora perfecta de como se trata ao Vicedo: sempre para máis adiante, sempre en último lugar”, sinala o grupo municipal.
O mesmo abandono, inciden, volve repetirse coa rede de saneamento, unha infraestrutura básica e inescusable. Mentres a Xunta multiplica declaracións sobre o reto demográfico e a igualdade territorial, O Vicedo continúa sen o investimento necesario para modernizar e completar a súa rede, asumindo consecuencias ambientais, sanitarias e urbanísticas que penalizan o seu futuro. “Ningún discurso sobre o rural pode sosterse sen servizos públicos dignos. A Xunta é moi firme co relato, pero totalmente inoperante na acción”, afirman os socialistas, que censuran ademais a actitude pasiva do alcalde, “máis preocupado pola compracencia política que por esixir solucións reais”.
Parálise no Vicedo
Outro símbolo desta desatención é o peirao do Vicedo. Chamado a ser motor do turismo, da actividade pesqueira e do emprego local, “continúa sen as actuacións tantas veces prometidas pola Xunta. Ano tras ano, a infraestrutura permanece estancada, desaproveitada e fóra de calquera planificación realista”. Para o PSdeG-PSOE, esta situación evidencia unha falta absoluta de visión estratéxica para o noso municipio e unha desconsideración inaceptable cara ao seu potencial económico.
A mesma parálise afecta ao centro de día, unha débeda social que xa resulta insostible. Nun concello cun alto índice de envellecemento e con familias que precisan apoio, a Xunta mantén bloqueada a posta en funcionamento dunha instalación imprescindible. “Non se pode presumir de políticas sociais mentres se condena unha parte da poboación á desprotección e á soidade. O Vicedo merece dignidade tamén neste ámbito, non máis portas pechadas”, denuncian.
A exclusión da Vía de Alta Capacidade (VAC) da planificación que afecta á comarca constitúe, para os socialistas, o maior e máis perigoso dos síntomas. “A Xunta, mentres proclama un gran proxecto vertebrador para A Mariña, deseña unha infraestrutura que ignora por completo ao Vicedo, condenándoo a unha posición periférica no mapa das comunicacións do norte lucense. “Sen boas conexións non hai futuro posible. A mensaxe implícita da Xunta é clara: O Vicedo non conta e non está previsto que conte”, conclúe o grupo municipal.
“O Vicedo merece máis”
“O Vicedo tamén é Galicia e merece respecto, investimento e futuro”, subliña o PSdeG-PSOE, que anuncia a presentación de iniciativas no Parlamento de Galicia, na Deputación e no propio Concello para corrixir de maneira inmediata esta situación e incluír nos Orzamentos de 2026 a reparación integral da LU-862, un plan de saneamento moderno, as actuacións pendentes no peirao, a apertura efectiva do centro de día e a incorporación do municipio na planificación da VAC. “Imos defender O Vicedo con determinación e sen complexos, porque non estamos ante un capricho político, senón ante unha cuestión de dignidade colectiva. O noso concello non pode seguir condenado á irrelevancia por cálculos partidistas ou por silencios cómplices”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



