Seguimos traballando no mantenemento e en moitos casos na total recuperación, neste caso, dos espazos naturais, xa que, como non podía ser doutra maneira, tamén os atopamos absolutamente abandoados. Canto orzamento se houbera aforrado se durante dezaséis anos houberan recibido só un pouco de coidado… foi tanta a deixadez que agora necesitan de moita inversión para recuperalos.
O miradoiro que inauguramos fai só uns días era un lugar onde había un contador de luz colocado de calquera xeito, era un espazo onde aparcaban coches e autocaravanas a diario… menos mal que quenes nos gobernaron durante preto de vinte anos eran inimigos dos “feismos paisaxísticos”… Convertímolo nun espazo agradable, eliminando coches e por suposto autocaravanas. Un miradoiro construído con materiais naturais que conviven co entorno, un espazo relaxante e de descanso en convivencia co medioambiente e dende onde se pode contemplar a Ría. Continuamos na línea do anterior miradoiro inaugurado fai un ano aproximadamente pero cun mantenemento constante porque se trata diso. Non se pode estar invertindo orzamento público en inaugurar espazos se despóis se deixan morrer de noxo e se convirten en auténticas ratoeiras e depósitos de lixo. É IMPORTANTE INVERTIR PERO MOITO MÁIS IMPORTANTE E UN BO MANTENEMENTO!
Queda moito por facer e a nós gustaríanos ir moito máis rápido pero non se pode. En pouco máis de dous anos xa se fixo moito.
Invertiuse no Forte de San Damián e no Cargadeiro, no entorno de Illa Pancha retirouse moito lixo e escombro de formigón… ata rodas de camión había alí! Adecentouse e agora vamos intentar construír un miradoiro e darlle un valor engadido. Nas praias tamén actuamos, xa no primeiro ano, incluíndo a praia de As Catedrais.
En Santa Cruz o mesmo. Un espazo que durante moitos anos era un atractivo turístico, foi completamente abandoado. Fíxose un mantenemento de todas as especies, podando, desmestando e retirando algunha que alí non tiña ningún tipo de sentido, agora estamos arranxando o miradoiro e próximamente actuarase no alumeado da área recreativa. Pouco a pouco tamén ímos mellorando este espazo. Invertíronse 800mil€ en todo o paseo das Aceas dende a Vilavella e rodeando a Ría. 1,5km máis de paseo. En Cabanela fíxose unha limpeza profunda de desbroce, retirada de árbores vellas e lixo que non había pouco!! Actuouse dende a fonde de Guimarán ata á Capela de San Miguel e seguiremos, que aínda non se rematou. Unha vez máis INVERTIR E CONSERVAR!!
Invertirmos nas áreas recreativas das parroquias como é o caso da área recreativa de San Roque que esa sí que daba pena, por non conservala, permitiuse dende o Concello pechala con pastor e meter alí vacas a pacer…!!! Eses que agora venen dando leccións non sabemos de qué, permitiron que as vacas comeran nas mesas da área recreativa!! Así estaba todo… parrillas e mesas absolutamente destrozadas…
Xa están arranxadas e pouco a pouco iremos arranxando o que queda, no rural e en Ribadeo.
Somos o Concello que máis Fondos Europeos xestionou e pouco a pouco, entre todos, teremos o Ribadeo que desexamos.


















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.



