Ribadeo, 10 de outubro de 2025. Ribadeo é o primeiro Concello galego en implantar o proxecto Kiva contra o acoso escolar ao mesmo tempo nos centros de primaria e de secundaria.
A concelleira de Educación, Begoña Sanjurjo, contou que “o Concello de Ribadeo implicou aos centros escolares de primaria e secundaria nunha cruzada contra o acoso escolar, a través do programa Kiva, que se implantará no Sagrado Corazón, no Gregorio Sanz, e no IES Dionisio Gamallo”.
A edil ribadense dixo que “este é un traballo polo benestar emocional e a saúde psicolóxica do alumnado. Cremos que entre todos e todas podemos mellorar a convivencia escolar e previr o acoso nos nosos coles. Esta mellora na convivencia reflectirase nas rúas, nos espazos de lecer dos pícaros e pícaras e por conseguinte na propia vila”.
Sanjurjo subliñou que “Kiva é o prestixioso programa contra o acoso escolar desenvolvido polo Ministerio de Educación de Finlandia, cuxa eficacia quedou demostrada en rigorosos estudios científicos e que agora está implantado en máis de 30 países de todo o mundo. Ten tres piares que son a prevención, a intervención e o seguimento. Ribadeo é o primeiro Concello de Galicia que fai unha implantación integral en todos os centros de primaria e secundaria ao mesmo tempo”.
Para a concelleira de Educación “o compromiso dos docentes é imprescindible para que saia adiante, polo que o Proxecto Kiva comezou coa formación de titoras, titores, orientadoras e equipos directivos nas tardes desta semana. Continuará coa análise da situación actual para saber de onde partimos e teremos actividades ao longo de todo o curso, pero temos en conta que isto é un proxecto a tres anos. Tamén estarán implicadas as familias e o persoal non docente, porque é toda a comunidade educativa a que planta cara ao acoso escolar. Toda a vila de Ribadeo contra o acoso escolar”.





















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.


