Ribadeo, 2 de outubro de 2025. Ribadeo mellora o Parque dos Indianos, grazas ao financiamento da Xunta de Galicia.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “comezan as obras no Parque de Indianos. Xestionamos unha nova inversión ante a Xunta de Galicia do 100 % do financiamento. Cal é o obxectivo? Mellorar toda esta zona, que estaba certamente abandonada. Qué vamos a facer? Converter o calexón que estaba de terra nunha nova rúa, cun pavimento de formigón e beirarrúas de pedra. Eu creo que isto é unha mellora xa moi importante”.
O rexedor contou que “imos rehabilitar todas as baldosas de pizarra das mesmas características, que estaban destrozadas no Parque de Indianos e agora vanse mellorar. Tamén vamos facer unha escavación. Con iso vamos retirar toda a tubaxe que está rota, vamos colocar outra de pvc e iso é para canalizar todas as augas pluviais. E tamén retirada das pérgolas, colocación de novas pérgolas e a partir desde aí tamén mellorar todo o entorno da zona verde”.
Para Dani Vega “trátase dunha mellora moi importante, 100 % financiada pola Xunta. Pero non nos vamos quedar aquí. Vamos investir para mellorar e a partires de agora conservar, coidar todo este espazo porque está moi ben xestionar orzamento e mellorar as cousas e todos os espazos, pero a cuestión é conservar e manter todos estes espazos porque senón cada pouco o que estamos gastando é diñeiro público, en vez de conservar estes espazos, que é obriga de todos. Entón outro espazo que estaba abandonado e vamos melloralo entre todos”.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



