A Mariña, 23 de outubro, 2025. O programa “Un mar de diversidade II” iniciou a súa andaina este mes de outubro grazas ao apoio do programa FEMPA da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, a través do GALP A Mariña-Ortegal.
Esta segunda edición dá continuidade a unha proposta educativa que ten como obxectivo fomentar o respecto, a empatía e a valoración da diversidade entre o alumnado da Mariña Lucense. Para iso, créase un escenario mariño cheo de actividades lúdicas e interactivas, no que nenos e nenas se mergullan nun mar onde a riqueza está precisamente nas diferenzas.
Ao longo do mes de outubro, o equipo da Asociación Guillem Veiga Iglesias percorrerá, por segundo ano consecutivo, os colexios da contorna, ofrecendo unha experiencia vivencial que permite ao alumnado comprender mellor a realidade das persoas con discapacidade, poñendo en valor as súas capacidades e tomando conciencia das barreiras que existen nos entornos. O propósito é fomentar o respecto e a valoración da diversidade desde idades temperás, promovendo unha sociedade máis inclusiva.
A actividade propón unha viaxe polo mar guiada por simpáticos personaxes —o galo do norte, o pargo vermello, o polbo, o tiburón, o peixe paiaso e o golfiño— que acompañan aos escolares en diferentes retos. A través deles, aprenden que as verdadeiras barreiras non están nas persoas, senón nos entornos non inclusivos, e que a autonomía é posible cando existen recursos e condicións accesibles.
O programa está dirixido ao alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria (8 a 10 anos), e a Asociación destaca a excelente acollida das escolas, que cubriron rapidamente as dez prazas ofertadas.
A Asociación Guillem Veiga Iglesias leva anos traballando para mellorar a calidade de vida das familias da Mariña, favorecendo o acceso temperán a diagnósticos e servizos especializados, e desenvolvendo campañas de sensibilización e inclusión como Inquedanzas, Mar de Diversidade ou actividades de ocio inclusivo como o Diversiprix.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



