A conselleira do Mar puxo en valor o traballo impulsado polo Goberno galego xunto ao sector no marco do Consello Galego de Pesca onde foron aprobados ditames que establecen a folla de ruta de Galicia en Bruxelas
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2025. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, compareceu este martes no Parlamento de Galicia para informar dos avances realizados polo departamento que dirixe relativos á xestión das políticas europeas que afectan á pesca. Alí, a responsable autonómica defendeu unha Política Pesqueira Común (PPC) descentralizada e dotada economicamente para responder ás necesidades específicas da cadea mar-industria. Nesta liña, puxo en valor o labor realizado polo Goberno galego no marco da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) no que a comunidade ostenta a presidencia do Grupo de Traballo de Pesca.
Marta Villaverde expuxo que esta entidade, interlocutor estratéxico ante instancias europeas, sacou adiante o documento Contribución da CRPM á consulta pública da Comisión sobre o Funcionamento do Regulamento da PPC que foi presentado o pasado mes de abril ao Comisario de Pesca e Océanos, Costas Kadis. En paralelo, en Galicia impulsouse en consenso co sector e no marco do Consello Galego de Pesca a elaboración do Decálogo estratéxico de Galicia na defensa dos seus intereses ante a revisión da PPC. Estes documentos foron complementados co Informe sobre o impacto sobre sector pesqueiro do conxunto de propostas lexislativas e non lexislativas da Comisión Europea elaborado en colaboración coa Fundación MarInnleg.
Un traballo serio e rigoroso que configura a folla de ruta de Galicia e que ofrece argumentos consistentes na defensa dunha reforma da política pesqueira comunitaria actual que non cumpriu os obxectivos da súa configuración inicial e que precisa adaptarse aos requirimentos actuais. Deste xeito, a comunidade, principal rexión pesqueira co continente, avoga por unha rexionalización da xestión pesqueira que aposte polo equilibrio entre as dimensións social, económica e ambiental ademais de estar sustentada no mellor coñecemento científico dispoñible. Tamén a actualización do concepto de zona altamente dependente da pesca, a potenciación da remuda xeracional, a dotación dunha definición de pesca artesanal a preservación do patrimonio marítimo ou o fomento da economía azul.
Un labor que Marta Villaverde contrapuxo á actuación do Goberno central que non deu resposta á demanda de Galicia xunto con outras cinco comunidades que xestionan máis da metade deste fondo destinado a España, que reclamaron en xullo a celebración dunha Conferencia Sectorial para abordar a proposta do Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028-2034 da Comisión de cara a establecer unha estratexia conxunta fronte ao proceso de negociación desta proposta. O Ministerio non actuou ata o pasado mes de setembro convocando un Consello Consultivo de Política Pesqueira e Política Agrícola onde o Executivo estatal asumiu a liña de traballo da comunidade aínda que a responsable autonómica afeou que a día de hoxe non foi constituído o grupo comprometido coas CCAA para traballar conxuntamente.
Ataque frontal
A conselleira do Mar sinalou que a actual proposta de MPF constitúe un “ataque frontal” nos eidos económico, de xestión e político a un sector estratéxico. Así, recordou que Galicia é unha das maiores beneficiarias do actual Fondo Europeo Marítimo, de Pesca, e Acuicultura (Fempa) con 366 millóns de euros que quedarían reducidos a 120 millóns de euros de saír adiante a iniciativa. Ademais, estes recursos estarían diluídos nun macrofondo cuxos criterios de reparto quedarían en mans de cada Estado membro, relegando ás rexións a meros executores económicos das contías que outros decidan destinar ao sector marítimo-pesqueiro sen posibilidade de participar nos procesos de toma de decisións.
Villaverde chamou á unidade fronte a un erro “histórico” que suporía a desaparición dun instrumento propio que demostrou a súa eficacia desde o ano 1993, que compromete a equidade e eficacia da PPC, afectando ao principio de igualdade de condicións e á coherencia entre países. Nesta liña, fixo entrega á Cámara do Ditame aprobado por unanimidade do Consello Galego de Pesca o pasado 3 de outubro sobre a proposta comunitaria e o seu impacto nos fondos dedicados á pesca. Un documento que cualifica como “indispensable” que unha rexión altamente dependente da pesca como Galicia, poida participar no deseño e execución deste instrumento financeiro propio e específico cunha dotación económica xusta e equilibrada acorde ás necesidades e singularidades do conxunto da cadea mar-industria e ao seu relevante papel na seguridade alimentaria. Uns motivos polos que a responsable autonómica esixiu ao Executivo comunitario a reformulación da súa proposta antes de presentala á aprobación do Parlamento europeo.
Veto á pesca de fondo
A responsable reiterou a oposición da Xunta respecto ao veto á pesca de fondo nas 87 áreas do Atlántico nororiental, unha decisión que foi recorrida pola Organización de Produtores Pesqueiros de Burela (OPP-7) xunto con 16 compañías armadoras galegas. Un procedemento xudicial no que participou o Goberno galego como parte coadxuvante aportando informes que rebatían os puntos de incidencia técnica. Se ben o Tribunal Xeral da Unión Europea avalou esta medida, Marta Villaverde insistiu en que se trata dunha decisión arbitraria , sen aval científico de ningún tipo e que carece de análises do impacto económico, volvendo a reclamar a revisión e suspensión desta decisión. É con eses argumentos destacou que a Xunta participará no recurso do Estado contra a citada sentenza ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
Por iso, a Administración autonómica, en paralelo, continúa traballando agora co obxectivo de que a normativa autonómica, estatal e europea recoñeza dun xeito singular o palangre demersal, fóra das artes de fondo. Así, está a impulsar a modificación do Decreto de artes 15/2011 e presentou alegación no mesmo sentido á normativa estatal así como negociando co Goberno central e a Comisión para facer o propio a nivel comunitario.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



