Viveiro, 3 de novembro, 2025. “Xira e xira sen para para un agasallo levar” baixo este lema a Asociación de comerciantes do Centro Histórico de Viveiro pon en marcha a partir do 1 de Novembro a campaña da “Ruleta de Outono”, ca que repartirá 3.000€ en vales de compra e 3.300 premios directos.
Instalarase na Sala Multiusos do Concello os xoves 6, 13 e 20 e os venres 7, 14 e 21 de Novembro unha Ruleta de premios que repartirá 3.000€ en vales de compra para gastar en calquera dos negocios asociados ó CCHV, e 3.300 premios directos entre os que haberá paraugas, tote bags, caixas de chocolates, cafés, cañas, postres, tapas e milleiros de descontos para tendas de roupa, complementos, deportes, nenos, xoguetes, xoierías, supermercados, librerías, fotografía, mobles e decoración, ópticas, masaxes, salóns de peiteado e centros de estética.
Unha morea de premios para premiar a fidelidade dos clientes do comercio local.
O horario será de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h.
Os interesados poderán participar entregando tíckets de compra de calquera dos negocios asociados ó CCHV, cun importe mínimo de 10€. Por cada 10€ en compras terase dereito a unha tirada na ruleta, fixando un Máximo de 6 tiradas seguidas, e se queda algunha tirada pendente porase de novo na cola para voltar a tirar.
Permitirase a acumulación de varios tíckets de cantidades inferiores ata sumar os 10€, e a data válida dos tíckets de compra poderá ser dende o luns 1 de ata o venres 21 de novembro.
Realizaranse as tiradas por estrito orde de chegada, unha vez comprobada a validez dos tíckets (negocio asociado, data e importe). As casillas da ruleta conteñen a palabra Premio e segue xogando. Se se cae nesta última casilla non hai opción a premio.
Cando se cae na casilla de premio o gañador extraerá dunha urna unha papeleta onde estará indicado o premio correspondente.
Cada día sortearanse 500€ en vales de compra que aporta a Asociación para gastar nos negocios asociados (tanto comercio como hostelería), facendo un total de 3.000€ durante os 6 días que estará instalada a Ruleta. Dita cantidade estará repartida en 60 premios de 50€ cada un. Poderanse gastar ata o 30 de Novembro.
A finalidade deste sorteo é a promoción da campaña de outono nos comercios de Viveiro, potenciar a compra no comercio local e facer un sorteo divertido e con premios atractivos. Intentamos dinamizar unha época importante para o comercio local, poñendo en marcha iniciativas e premios para agradecer a fidelidade dos clientes, e acadar que Viveiro continúe a ser, unha vez máis, referente de compras en toda a comarca, sempre contando ca colaboración da Xunta de Galicia dentro dos programas de dinamización de centros comerciais abertos.
As bases do sorteo pódense consultar na web www.viveirocentro.com e na App ViveiroCCH.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



