A Mariña, 28 de novembro de 2025. Este sábado, 29 de novembro, terá lugar en Burela o quinto e último sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, que organiza a FCAM. En xogo estarán outros 500 euros en vales de compra.
A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “todas as persoas que desde o 24 ao 29 de novembro estean a facer as súas compras nos negocios asociados a Acia Burela poderán participar no sorteo. So teñen que achegarse entre as sete e as oito da tarde pola Praza da Mariña, a obter as súas papeletas. Por cada tícket de compra que nos amosen recibirán un boleto para participar no sorteo que realizaremos a partir das 20:00 horas de mañá, sábado. Haberá tres premios en xogo en vales de compra de 250, 150 e 100 euros”.
Cruzado Iglesias sinala que “este é o quinto e último sorteo desta campaña da FCAM que ten por obxectivo apostar polas compras no pequeno comercio e estámolo a facer traendo á Mariña a persoas destacadas pola súa profesión no ámbito do xornalismo, da escritura, do deporte ou do cine. Queremos que elas sexan un reclamo comercial e por iso veñen pasar unha fin de semana con nós”.
Ata Burela se desprazarán esta fin de semana: Ángel de la Cruz, director, guionista e produtor de cine, que conta no seu haber, entre outros, con tres premios Goya e tres Mestre Mateo; Estíbaliz Veiga, actriz, presentadora, pedagoga teatral e coach, guionista e articulista; María Solar, escritora, periodista, presentadora na TVG e na Radio Galega e Premio Xerais de Novela 2022; e Guido Guía, guía oficial de turismo de Galicia, turismólogo, profesor-tutor no Grao de Turismo da Uned de Lugo.
A presidenta da FCAM indica que “o que faremos este sábado será visitar xunto a estes convidados o comercio local de Burela e diferentes enclaves turísticos deste concello. Pola noitiña teremos o sorteo. E esta visita, como as anteriores, servirá ademais para que saboreen a exquisita gastronomía desta terra”.
Desde a FCAM animan “á clientela dos negocios de Burela a achegarse este sábado á Praza da Mariña, ao quinto e último sorteo da campaña da FCAM De compras polo comercio da Mariña Lucense, que está organizada por esta federación e conta co financiamento da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



