O Presidente da institución provincial e a Segunda Tenente de Alcaldesa do municipio mariñán veñen de asinar no Pazo de San Marcos un convenio de colaboración para ofrecer máis e mellores servizos á veciñanza barreirega
Lugo, 1 de novembro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar coa Segunda Tenente de Alcaldesa de Barreiros, Carmen Veiga Rodríguez, un convenio de colaboración no Pazo de San Marcos polo que a institución provincial achegará 230.000€ para a mellora do abastecemento, a modernización da EDAR e a dotación de material ortopédico. O Concello mariñán achegará outros 7.135,91€ para acadar un orzamento conxunto de preto de 240.000€ que permita subvencionar estes investimentos.
No que ten que ver coa mellora das infraestruturas de abastecemento, estes fondos financiarán a execución dunha nova rede de distribución de auga en Merille. Durante o verán, volveron a darse situacións de falta de subministración neste barrio de San Cosme e no da Ínsua. A nova infraestrutura que se vai financiar grazas ao investimento da Deputación permitirá eliminar a conexión entre ambos barrios e así, a Ínsua recibirá un maior caudal de auga, dando solución ao problema en ambos núcleos.
A achega provincial servirá tamén para financiar cinco traballos encamiñados á modernización, reparación e dixitalización da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) que inclúen a substitución de equipos, instalación de elementos auxiliares e integración no sistema de xestión municipal. Unhas actuacións relacionadas coa situación que aparellou o desenvolvemento urbanístico descontrolado neste concello, na que se autorizou a execución de vivendas sen garantir a dotación dos servizos básicos necesarios.
Finalmente, unha terceira actuación que poderá realizarse con cargo a este investimento é a dotación de material ortopédico. Un material que servirá para reforzar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), que en Barreiros dá servizo a preto de 70 fogares, e o servizo de préstamo municipal. Unha colaboración que ten que ver coa crecente demanda dos servizos sociais por parte dunha poboación cada vez máis envellecida e dependente, xa que no caso de Barreiros o 34% da poboación ten máis de 65 anos.




















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



