A Mariña 3 de novembro de 2025. A Plataforma Sanitaria da Mariña celebrou o pasado xoves 30 de outubro a reunión que adoitan realizar despois de finalizar o período estival e na que comezaron a organizar e deseñar o calendario das próximas mobilizacións. Igualmente analizaron a actualidade sanitaria, poñendo énfase nos problemas que máis preocupan á sociedade.
Ao remate desta reunión o colectivo sanitario conseguiu consensuar un primeiro bosquexo do que serán as mobilizaciónse e actos máis importantes ata principios de ano, e que se irán anunciando segundo se vaian pechando.
A asistencia sanitaria non estivo garantida durante os meses de verán
Unha das conclusións máis relevantes das múltiples análises que se fixeron foi que a asistencia sanitaria non estivo garantida durante o verán, dado que na práctica totalidade dos centros de sáude da comarca non houbo substitución dos profesionais de medicina de familia, pediatría e enfermería dándose situacións totalmente caóticas, con algúns centros sen persoal facultativo ou moi por debaixo do cincuenta por cento da súa dotación. O persoal de enfermería tamén estivo prácticamente sen substituir nas vacacións, agravándose aínda máis a eiva asistencial que hai na Mariña, polo que a asistencia sanitaria non estivo garantida.
A esta merma de persoal de plantilla hai que engadir a falta outro ano máis de persoal facultativo e de enfermería para a atención das persoas desprazadas, que poden multiplicar por catro ou por cinco, dependendo da localidade, a poboación da Mariña. Carlos Fernández Fraga, médico xubilado e membro da Plataforma Sanitaria da Mariña, tras a análise dos datos de ausencias deste verán e de varios anos atrás saca como conclusión que “ o ideario e todas as accións que está a realizar o goberno do PP están encamiñadas a paulatinamente ir diminuíndo a actividade asistencial, vémolo na atención básica de saúde pero vémolo tamén na atención hospitalaria onde se constata que os traslados cara ao HULA para procedementos básicos e que existen no hospital da Mariña ou mesmo para ingresos por procesos que terían que resolverse aquí, medran a velocidades de vértixe”.
Máis privatizacións na Área Sanitaria
Obxecto tamén de debate foi a información que nos chegou referida a privatización por parte da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo- A Mariña – Monforte de Lemos da codificación das altas hospitalarias e de hospitalización a domicilio, o que significa que os datos das persoas que son dadas de alta estarán a partir de agora en mans de empresas privadas, co perigo que esto supón ao ser datos moi sensibles que non deberan estar en poder de empresas privadas.
Segundo comenta Montse Porteiro, coordinadora do colectivo, “esta nova privatización engádese ás que vimos sufrindo desde que o Partido Popular goberna en Galicia e que se foron efectuando pouco a pouco para que a poboación non o percibise .Máis chegou un punto en que non se pode agochar máis a súa estratexia privatizadora que tanto dano produce ás persoas”.
Preocupción polos cribados de cancro de mama
O colectivo amosou a súa preocupación polas informacións que están a trascender sobre os cribados de cancro de mama, pois o escándalo dos fallos na comunicación dos resultados das probas ás mulleres en Andalucía sumado á negativa do goberno galego a trasladar os resultados das probas realizadas en Galiza solicitado polo Ministerio de Sanidade, activan todas as alarmas pois esta negativa e falta de transparencia por parte do goberno da Xunta non fai máis que crear dúbidas e levantar sospeitas.
Concentración en Viveiro o xoves 6 de novembro diante do Concello
A Plataforma Sanitaria da Mariña lembra que este xoves 6 de novembro volvemos concentrarnos en Viveiro, na praza do Concello para seguir a reclamar uns servizos sanitarios no seu centro de saúde de calidade, dignos e completos. Demandamos tamén a cobertura de tod@s as profesionais médicas para que se poda garantir a asistencia sanitaria na cidade, xa que mentres o centro non esté ao cen por cen da súa dotación a asistencia sanitaria non está garantida.
A concentración terá lugar ás 11:30 horas e desde algo antes seguirase coa recollida de sinaturas , que segundo nos comenta Samuel Fernández Bouza “ xa pasamos das tres mil sinaturas e avanzamos a moi bo ritmo pois a xente de Viveiro e das localidades veciñas está moi sensibilizada con esta falta de facultativ@s que afecta á saúde e ao benestar das persoas de Viveiro e dos concellos que dependen funcionalmente dos servizos sanitarios de Viveiro”.






















Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.



