Portos de Galicia adxudicou os traballos que terán un prazo de execución de 3 meses
Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2025. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investirá case 220.000 euros na segunda fase da dragaxe do porto de Cariño. Portos de Galicia adxudicou os traballos que permitirán recuperar o calado e mellorar a operatividade portuaria no peirao comercial norte da dársena.
A segunda fase da dragaxe complementa as obras executadas o pasado ano para a recuperación de calado nesta dársena nas que Portos de Galicia investiu xa 600.000 euros. En concreto, nesta segunda fase dragaranse, ata alcanzar a cota de referencia -7 metros, un total de 15.840 metros cadrados da zona portuaria situada nos peiraos de atracada comercial interiores do porto.
Os traballos permitirán extraer máis de 11.000 metros cúbicos de áridos, que se levarán ao punto de vertedura autorizado. O prazo de execución das obras, unha vez iniciada a actuación, será de 3 meses.
Reversións de terreos ao Estado
Xunto ao próximo inicio das obras de dragaxe, Portos de Galicia está a avanzar tamén no proceso de reversión ao Estado de terreos portuarios declarados innecesarios co obxectivo de que a Administración Xeral poida transferilos ao Concello de Cariño. Con este obxectivo, nos vindeiros días celebrarase unha reunión entre ambas administracións para consensuar a delimitación dos terreos que se proporá reverter.


























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



