Lugo, 7 de novembro de 2025. A Asociación Cultural Avelino Díaz celebra o vindeiro sábado -8 de novembro- en Riotorto a IV Polavila por Avelino Díaz, que lembra ao poeta de Órrea no 128 aniversario do seu nacemento cunha xornada arredor da música e da cultura tradicional.
A actividade, que conta co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, comezará ás 11.00 horas cun taller de procesado de lá a cargo de Teté Mareque, coa que a asociación revivirá as tarefas necesarias para transformar a lá en fíos para a calceta ou o tear e para o recheo de colchóns nas casas.
Ás 17.00 horas, a mestra e divulgadora da música tradicional Branca Villares ofrecerá un obradoiro de cantos populares, gratuíto e aberto á participación de quen se achegue á Polavila, no que amosará as fórmulas máis populares das letras e músicas tradicionais e no que proporá unha versión musical dun poema de Avelino Díaz.
A animación musical manterase toda a xornada con actuacións de A Chocolateira da Pontenova antes do xantar, Asubíos da Chaira de Cospeito, Grupo de Música e Baile Tradicional de Pastoriza, A Volta do Agro, durante a tarde, e o concerto de Os Melidaos, ás 22.00 horas.
A asociación comezou con estas xornadas outonais en lembranza de Avelino Díaz hai catro anos, no 125 aniversario do seu nacemento, e desde aquela, alternan a celebración entre Riotorto e Meira, os dous concellos en que viviu o poeta, recuperando as súas tradicións.
A deputada de Cultura Iria Castro valorou “o traballo que a Asociación Cultural Avelino Díaz desenvolve para recuperar e dar visibilidade á súa obra, con actividades que tratamos de acompañar e apoiar desde á área de Cultura como facemos co tecido asociativo e cultural da provincia” e destacou “a importancia de celebracións como a do vindeiro sábado para popularizar a súa figura e reforzar o sentimento de comunidade arredor das tradicións e dos referentes culturais propios”.
Exposición sobre as cantareiras
A colaboración entre a Asociación Cultural Avelino Díaz e a Vicepresidencia da Deputacion amplía a actividade cultural en Riotorto máis aló da Polavila do sábado coa instalacion na Casa da Cultura de Riotorto da exposición “Un ano en cantigas. Cantareiras e cantares”, deseñada con motivo da homenaxe ás cantareiras e á poesía oral polas Letras Galegas, con textos de Branca Villares e fotografías do APOI.
Arredor da mostra, que poderá verse na Casa da Cultura do 12 ao 15 de novembro, organizarase un obradoiro musical para as nenas e nenos do colexio e da casa niño de Riotorto.






















O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



