O delegado territorial, Javier Arias, participou na clausura dun foro Conecta Lugo sobre industrialización e sostibilidade, no que compartiron a súa experiencia representantes dos ámbitos da empresa, a ciencia e a Administración
Lugo, 25 de novembro de 2025.- O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou hoxe a aposta do tecido industrial lucense “por avanzar cara un modelo moderno e sostible”, un desafío no que “seguirán contando coa colaboración da Xunta a través dunha ampla batería de axudas e programas orientados a apoiar a modernización, a dixitalización, a internacionalización, a innovación e a transición verde”.
Arias participou na clausura do foro Conecta Lugo sobre industrialización sostible, impulsado pola Xunta a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e pola Confederación de Empresarios lucense (CEL). A xornada serviu para intercambiar información e experiencias entre representantes dos ámbitos científico, da industria e da administración. Unha das relatoras foi a divulgadora científica Deborah García Bello.
O delegado subliñou que o modelo industrial lucense “combina sectores tradicionais moi sólidos con novas iniciativas baseadas na tecnoloxía, a eficiencia enerxética e a innovación”. Destacou como retos de futuro “seguir modernizando a nosa industria, atraer novos investimentos, consolidar empresas que xa xeran emprego e riqueza e manter a colaboración entre todos os axentes do territorio”, uns obxectivos nos que “o empresariado atopará o acompañamento da Xunta”.
Reforzo dos apoios
Para iso, apuntou que se reforzarán os servizos da Oficina Económica de Galicia e potenciarase a rede de Polos de Emprendemento, co fin de axudar a empresas e emprendedores de todo o territorio.
Tamén seguirá en marcha o programa Conecta Lugo, con novas xornadas por toda a provincia “para ofrecer ás pemes apoio, orientación e oportunidades, tanto nas zonas urbanas como no rural”, dixo Arias. Puxo tamén en valor o impulso da Xunta ao Campus Terra e destacou a importancia de seguir colaborando en accións que favorezan a transferencia de coñecemento dende a universidade en beneficio da innovación empresarial.
No mesmo sentido, indicou que o Goberno galego seguirá impulsando o desenvolvemento de solo industrial, con investimentos como os que está a realizar no polígono das Gándaras, ao que leva destinado 60 millóns de euros. Esta área industrial conta con máis de 130 empresas asentadas, e xa está formalizado e contrato de redacción do proxecto de urbanización das fases VI y VII-B, que suman 352.153 metros cadrados. Ademais, están en marcha as obras das fases IV, V e VII-A, cunha superficie de 243.487 m2.
Por último, Arias lamentou que as medidas da Xunta para propiciar a industria e o emprego na provincia “contrastan coa acción do Goberno central, que con decisións como a de deixar a Lugo fóra dos plans de mellora da rede eléctrica non só lastra un proxecto concreto, senón que frea calquera iniciativa industrial no noso territorio”, concluíu.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



