Ribadeo, 28 de novembro de 2025. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo (Acisa) vén de anunciar unha iniciativa de colaboración aberta ao conxunto do empresariado local para reforzar e mellorar a Cabalgata de Reis 2025/2026, por considerala un dos eventos máis relevantes do Nadal para o comercio e a hostalaría do municipio.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “en xunta directiva e tamén na última asemblea de asociados acordamos colaborar coa organización da Cabalgata de Reis, da que agora se ocupa o Concello de Ribadeo. É un momento moi especial para as nenas e os nenos e consideramos que esta cita debe estar á altura dunha vila como a nosa, de aí que vaiamos facer un esforzo importante desde Acisa”.
O xerente, Jesús Pérez, indicou que “Acisa realizará unha achega directa de 1.000 euros de fondos propios para contribuír á celebración dunha Cabalgata que esperamos sexa diferente e mellor que as dos últimos anos, pero ademais actuaremos como canle de recepción das achegas voluntarias das empresas locais, de calquera sector, que desexen participar no financiamento do evento. Xa que non existe comisión organizadora, e Acisa colaborará co Concello, esta canle de recadación é a mais axeitada para que todos aqueles que o desexen poidan contribuír a facer unha mellor Cabalgata de Reis”.
Cruzado Iglesias subliñou que “o 100% do recadado destinarase exclusivamente aos gastos da Cabalgata, co obxectivo de que Ribadeo recupere o seu carácter de referente na celebración de Reis e evitar que veciños e visitantes se despracen a outras localidades para darlle a benvida á tradicional comitiva real”.
Pérez Prada conta que “a nosa entidade pon á disposición das empresas dúas fórmulas de colaboración, para que todas poidan contribuír. A primeira é unha achega voluntaria entre 30 e 100 euros, que levará como contraprestación a mención da empresa como colaboradora en redes sociais e notas de prensa. A segunda é un patrocinio, entre 200 e 500 euros, que ademais incluirá a presenza do logo da empresa no cartel oficial da Cabalgata, así como outras posibles accións de visibilidade. As empresas poden escoller a contía coa que colaborar, e deben poñerse en contacto con Acisa Ribadeo antes do 15 de decembro”.
Pola súa parte, a presidenta de Acisa referiuse á importancia desta iniciativa para Ribadeo: “a Cabalgata de Reis é un evento moi querido pola veciñanza, especialmente polos máis pequenos. Desde Acisa queremos contribuír a que Ribadeo continúe a ser un referente nesta data tan especial, e para iso precisamos a implicación do noso empresariado. O tecido económico ribadense sempre amosou unha colaboración exemplar coa Cabalgata e con outros eventos do municipio ao longo dos anos. Por iso apelamos á responsabilidade, á solidariedade e ao espírito de Nadal das empresas para apoiar unha celebración que beneficia a toda a vila”.
O xerente engadiu: “esta colaboración non está limitada ás empresas asociadas. Está aberta a todo o empresariado de Ribadeo, porque a Cabalgata é de todos e contribúe a manter viva a actividade comercial e hostaleira nun dos períodos máis importantes do ano. Esta semana enviamos unha comunicación ás nosas asociadas e asociados para iniciar este período de recadación e as sensacións a día de hoxe son boas. Ao seu remate daremos a coñecer a cifra total recadada para a vindeira Cabalgata de Reis”.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



