Falar do medio rural galego é facelo dun espazo que se acerca ao 80% do total do territorio de Galicia, habitado por menos do 30% da poboación do país e con tendencia a seguir diminuíndo. Un poboamento moi disperso e con deficientes servizos.
Este mundo rural, ademais, non é uniforme. Así, os investigadores Eduardo Corbelle e Rafael Crecente, o dividen en tres espazos diferentes.
– Un rural urbanizado e forestado que se extende polo Eixe Atlántico e outras áreas costeiras e periurbanas.
– Un rural activo, onde a terra está destinada fundamentalmente a usos agrogandeiros.
– Un rural abandoado onde predomina o mato e a masa forestal de crecemento espontáneo e sen ningún tipo de xestión.
O rural activo ocupa máis do 20% do territorio, con máis de 40.000 explotacións de distinto tamaño e adicación. Cómpre salientar que nesta última década viñéronse perdendo unha media de dez explotacións diarias e a media do número de hectáreas por explotación pasou de algo máis de oito a entorno a catorce. Sen embargo, Unha parte destas explotacións estanse vendo limitadas no seu crecemento pola dificultade de incorporar máis terras que están en mans de propietarios desvencellados da súa xestión. Cómpre salientar que no rural hai máis de 1,5 millóns de propietarios que non xestionan as súas terras. Un problema relevante que vén arrastrando o campo galego dende hai tempo e que esixe fórmulas imaxinativas como foi o Banco de Terras, que no seu momento puxo en marcha o goberno bipartito para pór en uso as leiras abandoadas.
Pero hai outros problemas aos que se enfrentan as explotacións en activo. Por un lado temos o relevo xeracional, xa que como nos indica o profesor Edelmiro López, case o 50% dos titulares das explotacións teñen 65 anos ou máis anos e moitos deles, con dificultades para a remuda.
Outro problema, non menor, como nos comenta o profesor Xabier Bueno do Campus Terra, é a falta de man de obra, feito que se trata de aliviar aumentando a tecnificación, o que supón un maior custo para a explotación, polo que, sería desexable, según o devandito profesor, buscar fórmulas de organización colectiva e de maior cooperación entre as explotacións. Temos que ter en conta que nos últimos 40 anos perdeuse no rural o 90% de man de obra e esa tendencia continúa.
E, para rematar con esta radiografía, cómpre falar dese outro espazo que é o rural abandoado, que ocupa un territorio semellante ao do rural activo e onde nestes últimos 50 anos foron desaparecendo miles de explotacións familiares que mantiñan os montes razoablemente limpos e as leiras producindo pero todo se veu abaixo porque mentres se ía producindo o deterioro a política estivo ausente e mirando para outro lado e desta forma, o despoboamento e o avellentamento convertéronse nun feito imparable.
A resultas deste abandono, os montes foron transformándose nunha selva mentres as leiras se asilvestraban, o que fixo deste espazo un auténtico polvorín, coas consecuencias de deterioro medioambiental que todos coñecemos pola incidencia dos lumes.
A esta progresiva degradación do medio rural cómpre unir como outro dos problemas os máis de un millón de hectáreas pertencentes a propietarios desvencellados do sector primario e polo tanto, da xestión das súas terras. Coido que diante desta situación, un dos obxetivos, neste senso debe de ser pór en marcha fórmulas para que estas terras volvan ser xestionadas. Con este fin, naceu a leí 11/2021 de recuperación de terras agrarias de Galicia. Pero para afrontar con éxito a necesaria restructuración e xestión do territorio abandoado, ademais de leis, necesítase vontade política e crer no futuro do país e iso é o que non vexo nos actuais gobernantes da Xunta de Galicia. Ata o de agora, non vexo que nada vaia máis aló de pequenos proxectos que emerxen aquí e alí e que só serven para parchear o que é un problema estrutural e polo tanto, esixe medidas de maior alcance ademais dun gran pacto pola transformación integral do mundo rural para que, dunha vez por todas, este espazo deixe de ser percibido como algo pouco atractivo e sen futuro, incapaz, a día de hoxe, de atraer mocidade.


















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



