Lugo, 28 de novembro, 2025. O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro recibiu este venres o Premio á Mellor Xestión Deportiva Pública, concedido pola Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXADE).
Un galardón que recoñece, particularmente, a contribución da área de Deportes da Vicepresidencia da Deputación ao acceso ao deporte en todo o territorio, a través da descentralización na organización de eventos e ao apoio ao diverso e amplo tecido deportivo da provincia.
O vicepresidente da Deputación destacou na recollida do premio “o traballo dos clubs e do tecido deportivo da provincia, tanto de base e afeccionado como profesional, que converte Lugo nun referente por riba de territorio con maior peso demográfico ou económico. Tócanos xestionar unha etapa dourada do deporte lucense”, destacou o vicepresidente que recoñeceu “o legado político de Antonio Veiga e de Antón Bao, na xestiòn da área de Deportes en mandatos anteriores” e o traballo do persoal do Servizo de Deportes”
Os premios – con doce categorías – fallounos un xurado integrado por representantes de AGAXADE, da FEGAMP, da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física da UDC, do Cluster Galego da Industria do Deportes e o Benestar, da Asociación Galega de Xornalistas do Deporte e da Unión de Federacíons Deportivas Galegas.
Ademais da Vicepresidencia da Deputación, AGAXADE recoñeceu os clubs lucenses Club Ciclista Cidade de Lugo, pola organizacion do Ancares Cycling Marathon, proba impulsada e patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación desde a sua primeira edición, e ao Club Muller en Forma polo seu traballo de promoción do deporte con perspectiva de xenero.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
