Ribadeo, 14 de novembro de 2025. Éxito de participación nas Xornadas arredor da Ría que se celebran desde onte en Ribadeo. Hai 93 persoas inscritas.
O Concello de Ribadeo organiza unhas xornadas dedicadas á ría, co obxectivo de analizar e poñer en valor o impacto que este espazo natural ten na contorna. Nas actividades, que deron comezo onte, abordarase cunha visión global e transversal, centrada nos principios do turismo sostible e na protección do patrimonio natural e cultural.
A ría de Ribadeo é un dos espazos naturais protexidos máis importantes de Galicia e está recoñecida como humidal de gran valor ecolóxico. Durante as xornadas analizarase o seu papel esencial desde diferentes perspectivas:
• Ambiental: pola súa riqueza natural e pola necesidade de preservar un ecosistema clave para a biodiversidade.
• Social: como símbolo de unión entre Galicia e Asturias, dúas comunidades irmás que comparten historia, cultura e vínculos humanos a través da ría.
• Económica: por ser, ao longo dos séculos, motor de desenvolvemento e actividade na zona. O comercio marítimo, a construción naval, o marisqueo, a pesca e, máis recentemente, as actividades recreativas e turísticas, teñen na ría o seu punto de referencia.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, indicou que “a acollida destas xornadas está a ser excepcional. Ata o momento hai 93 persoas inscritas, unha cifra récord que podería chegar á centena nas vindeiras horas. Este interese demostra que estamos ante un tema de grande relevancia e atractivo, que esperta a curiosidade non só da cidadanía ribadense, senón tamén de participantes doutros puntos de Galicia e de Asturias. Entre as persoas inscritas figuran visitantes procedentes de Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Sigüeiro, Abres, Castropol, entre outros lugares”.
E engadiu: “desde o Concello de Ribadeo queremos agradecer sinceramente a confianza e o entusiasmo de todas as persoas participantes, que fan posible que estas xornadas se convertan nun espazo de encontro, diálogo e aprendizaxe compartida arredor dun ben común: a nosa ría”.
Onte, xoves, tivo lugar unha xeorruta entre Porcillán e Rochas Brancas, así como unha charla sobre a ría como espazo social: identidade compartida entre tres territorios na que participaron os alcaldes de Castropol, Vegadeo e Ribadeo. As Xornadas arredor da Ría de Ribadeo seguirán ata o vindeiro domingo con visitas guiadas, xeorrutas, degustacións gastronómicas, charlas e mesa redonda.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



