Foz, 14 de novembro, 2025. Nun plenario celebrado este xoves 13 de novembro no salón de actos do Cenima de Foz, desde a Plataforma Queremos Galego da Mariña analizouse o nivel de desenvolvemento do proceso Lingua Vital que se está a realizar por toda Galiza. Ao longo destes dous meses, outubro e novembro, houbo reunións nas distintas comarcas galegas, nas que os diferentes colectivos que se sumaron a dito proceso, fixeron achegas para relanzar a nosa lingua.
De todos e todas é ben sabido que os últimos estudos constataron de xeito ben amargo que o galego vive sumido nunha situación crítica cun futuro ben pouco esperanzador de non tomarmos medidas que corrixan ese devalo cara á súa desaparición.
A plataforma Queremos Galego naceu coa vontade de artellar unha resposta colectiva ampla a prol o galego e para defender o seu uso público, garantido pola actual lexislación; tamén aspira á súa progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada. Desde Queremos Galego aspiramos a recoller e transformar en enerxía a prol da defensa do noso idioma a gran preocupación que a actual política lingüística do goberno galego ten creado en amplos sectores da sociedade, independentemente das súas afiliacións ou simpatías. Para iso temos levado a cabo distintas mobilizacións. Pero, tamén queremos adoptar unha actitude propositiva. E queremos que ditas propostas sexan pensadas tamén desde a comarca mariñá e en clave mariñá.
Ao longo da reunión foron revisados os distintos apartados da enquisa que se está a realizar por toda Galiza, que poden cubrir tanto colectivos como persoas a título individual. Nesa enquisa pódese valorar o grado de desenvolvemento das propostas xa feitas no Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade en 2004 no Parlamento Galego. Desde a páxina web de Queremos Galego é posíbel acceder a dita enquisa e cubrila, ben por apartados, segundo o ámbito de acción de cada quen, ben na súa totalidade.
Tamén considerouse recuperar a iniciativa desenvolvida hai anos con actuacións en positivo que permitan recuperarmos o orgullo de usarmos o galego nos distintos ámbitos (laboral, nas relacións coa Administración ou con outros organismos de carácter privado, na vida social, no plano persoal…). Tal e como nos anos de loita antifranquista, en pleno proceso represivo, o galego converteuse nun sinal de identidade colectivo do que nos sentiamos orgullosos e orgullosas e poñiamos en valor loitando polo seu futuro, facendo o esforzo por aprendelo, por usalo e por expandir o seu uso no conxunto da sociedade, tamén agora, en pleno proceso regresivo do seu uso, no que a inercia das novas tecnoloxías e a apatía do goberno galego cara ao seu uso semellan pintar un futuro escuro como o dunha longa noite de pedra, temos que lograr revitalizar a ilusión polo seu uso e difusión.
“Temos por diante enormes retos, de relevo xeracional e de incorporación de poboación inmigrante, que requiren de medidas propositivas. A iso nos imos poñer. Desde a plataforma Queremos Galego da Mariña estamos a deseñar novas actividades encamiñadas a tal fin”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



