Os populares lembran que “o campo de fútbol é única e exclusivamente competencia municipal”
Burela, 14 de novembro de 2025. O PP de Burela lamenta que “a reparación das gradas do campo de fútbol da Marosa, de competencia única e exclusivamente municipal, se prolonguen no tempo”. Trátase dunha “promesa electoral que a señora López Moreno non é capaz de cumprir pola súa incapacidade de xestión. E agora trata de implicar a outras administracións”.
Os populares explican que “as gradas xa foran obxecto de varias licitacións e, incluso, na última delas a empresa adxudicataria chegara a presentar o aval previo á obra; pero debido ao tempo que o Concello tardou en conceder a licenza municipal -durante o que se incrementaron os custes dos materiais- rematou por desistir de facer a obra -incluso non recuperando o aval- porque xa non era economicamente viable na cantidade na que fora adxudicada”. E “agora aseguran que o custe de reparación supera os 600.000 euros, algo que xa se valorara no seu momento”, subliñan.
O portavoz, Manuel Rouco, esíxelle á rexedora socialista que se “deixe de escusas” e que “xa que recentemente dicía que o Concello, supostamente, vai moi ben economicamente -a pesar de que os datos que reflicten os medios de comunicación din o contrario- e dispón de remanente, que explique por que non ten rematada a reparación da grada”.
Os populares sinalan que “xa non é de estrañar o proceder da alcaldesa e do seu goberno” á vista da súa “incapacidade de xestión, como vimos denunciando dende o inicio do mandato”, conclúen.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



