Viveiro, 14 de novembro, 2025. A Asociación de Veciños Valdeflores de Xunqueira, xunto cos veciños afectados pola riada do río Xunqueira o 18 de novembro de 2018, renderán este martes unha sentida homenaxe a Amparo Berdeal Camba, falecida afogada como consecuencia daquela traxedia.
Acto simbólico
Colocarase un ramo de flores no cruce das tres rúas xunto á Ponte Vella, como recordatorio de que, sete anos despois, as promesas seguen sen cumprirse e as solucións continúan nos caixóns. A subvención concedida para os arranxos caduca a mediados de 2026.
Memoria viva dun día que marcou o barrio
Poucos veciños esquecen aquel día no que tiveron que abandonar as súas vivendas e refuxiarse nas partes altas das casas. Para moitos, especialmente os maiores que habitan a zona histórica de Xunqueira, aquel momento quedará gravado para sempre e será transmitido ás xeracións futuras.
A pesar da dor, houbo cambios: algunhas persoas marcharon, outras restauraron as súas casas, e novos veciños chegaron ao barrio. A benvida é cálida, pero moitas vivendas seguirían a ser rehabilitadas se non fose polas trabas impostas por Augas de Galicia.
Promesas e proxectos pendentes
Hai tres meses, a Asociación reuniuse coa alcaldesa Mariña Gueimunde. Acordouse crear unha praza na zona da fonte, que será desprazada xunto co lavadoiro para permitir a construción dun túnel que desvíe as augas en caso de crecida e evite o colapso da Ponte Vella.
A obra xa foi adxudicada, expropiáronse as casas que se van derrubar, pero aínda falta ver os obreiros e as máquinas en acción. O proxecto coincide en gran parte co solicitado polos veciños.
Actuacións previstas:
• Derribo de tres edificios na zona máis afectada.
• Traslado do lavadoiro e da fonte preto da presa.
• Mantemento do caudal do río pequeno para regar o humidal.
• Redución da rúa dos Pelamios e rebaixa da zona do Camiño do Campo da Festa, como se fixo en Potes (Cantabria).
• Creación dun sendeiro fluvial ata o Camiño dos Muíños.
• Nova ponte no Camiño Real para facilitar o desaugue en épocas de chuvia intensa.
A histórica Ponte de Medio Punto será conservada, e construirase un túnel á súa dereita para mellorar o desaugue.
Reflexión sobre o uso do territorio
A riada puxo de novo en evidencia os erros na xestión do territorio e a falta de respecto polas zonas inundables. O río reclama o que é seu, e as imaxes dos danos son un recordatorio da necesidade de actuar con responsabilidade.
Problemas detectados:
• Especulación urbanística en zonas de risco.
• Cortes de madeira sen control.
• Recheos do cauce con troncos e maquinaria pesada.
• Falta de limpeza e mantemento do río.
A nova cultura da auga e o movemento Ríos con Vida reclaman unha limpeza urxente dos cauces: retirada de lixo, vexetación caída e elementos que obstaculizan o fluxo en épocas de crecida.
Chamamento á responsabilidade
Os ríos ensináronnos onde non debemos construír. Aprenderemos desta vez? Serán capaces os responsables de renunciar a desenvolvementos perigosos e planificar con criterio e precaución?
Neste triste aniversario, os veciños de Xunqueira lembramos con agarimo a nosa veciña Amparo e pedimos que se aceleren as actuacións prometidas. Porque… o prometido é débeda”.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



