Viveiro, 22 de novembro, 2025. Dende a FAPACEL denuncian “con absoluta rotundidade a situación que está a vivir o CEIP de Covas. O que ocorre neste centro non é un caso illado, senón a consecuencia directa dunha política continuada de recortes en profesorado de apoio, atención á diversidade e recursos básicos para garantir unha educación digna”.
Resulta totalmente inaceptable, egaden, “que nun colexio onde máis do 20% do alumnado precisa intervención especializada, a Consellería continúe reducindo horas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe, mentres ignora as demandas reiteradas das familias e do propio centro. Estamos ante un abandono institucional evidente”.
“A Consellería está vulnerando o dereito do alumnado a recibir a atención educativa que precisa, e está a facelo coa maior das impunidades: restando profesionais, atrasando coberturas, improvisando organizacións internas e obrigando ao profesorado a asumir cargas imposibles. Isto non só prexudica aos nenos con NEAE, senón ao funcionamento global do centro”.
“O pequeno parche de engadir unhas poucas horas semanais que a Xunta ofrece non é máis ca un intento de silenciar o problema sen afrontalo. É absolutamente insuficiente e, para nós, unha falta de respecto ás familias, ao profesorado e ao alumnado”.
Desde FAPACEL “apoiamos completamente á ANPA do CEIP de Covas e ás súas mobilizacións”.
Esiximos de inmediato:
– Restituír todas as horas de PT e AL recortadas.
– Garantir unha cobertura estable, continua e suficiente ao longo de todo o curso.
– Un plan serio da Consellería para atender a diversidade real existente nos centros públicos da comarca e da provincia.
“A educación pública non pode depender da paciencia das familias nin da boa vontade do profesorado. A responsabilidade é da Administración, e está incumpríndoa”.




















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.



