Burela, 6 de novembro, 2025. A primeira actividade será o espectáculo “Cóntoche un Traxe”, a cargo de Montse Rivera, que estaba programado para o mes de outubro, pero tivemos que adialo por causa de forza maior.
Terá lugar o venres 7 de novembro ás 19:30 h no Salón de Conferencias (antiga biblioteca). Naturalmente é un acto aberto ó público en xeral, e poderemos aprender moitos detalles relacionados co traxe tradicional galego.
Esta actividade será a antesala dun intenso sábado no que celebraremos a Foliada da Castaña que organizamos xunto coa asociación Os Asadores e a colaboración do Concello de Burela.
O día 8, a partir das 12 do mediodía, a música tradicional estará presente nun bo número de locales de hostalería do pobo onde os grupos participantes repoñerán forzas arredor das 14:00 h.
Xa pola tarde, o ambiente desplazarase até a Praza da Mariña e Praza de Abastos co asado das castañas, a realización dun obradoiro de colares de zonchos a cargo de Gaia e un obradoiro de baile tradicional que dará paso á Foliada.
A merenda de castañas + pincho + auga ou viño terá un custe de 3 €; os obradoiros son de balde e toda a veciñanza está convidada a participar do xeito que mellor lle preste.
Para rematar a noite, teremos un sorteo de agasallos donados por ABSA, Fanto Fantini, Rompeolas, Lanas Pacita, Carnicería Enrique e Carnicería Monte Castelo.
Grupos participantes: Os Garuleiros (Negreira) – Amiguiñas Foliadeiras (A Mariña) – Airiños do Eume (Pontedeume) – Pandereteiros do Inferno (Ribadeo) – A Rebolaxe (San Cibrao) – No Combaro (As Pontes) – Fol do Raxal (Cervo) – Cordenaia (Cervo) – Xaora-Saiñas (Xove) – Dambara (Burela) – Batuko Tabanka (Burela) – Arume (Burela) – Lidicia (Burela)
Locales hostalaría participantes: Vista Alegre – Lucern – O Poeta – A Dorna – Palacio de Cristal – Nuestras Raíces – Hamilton – Torques – Contraste – Vinoteca Ril – O Sargo – As Redes – A Xanela – Nordés – A Chave das Noces – Arenal – Pastelería Kiko – Rompeolas – L`Urbana – A Mares – A Marosa – Valle de Oro – Atrezzo – Boas Migas – A Marquesa – Salitre
Ledicia agradece a todas as entidades, grupos, locales e colaboradores en xeral pola súa axuda e participación, pero sobre todo ás persoas que de xeito (case sempre) anónimo, moven os fíos para que estas cousas saian adiante en Burela.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


