Ribadeo, 21 de novembro, 2025. Despois de analizar o informe trimestral de Intervención, o BNG de Ribadeo denuncia o aumento descontrolado do período medio de pago do Concello en tan só dous anos. No último trimestre de goberno do BNG, o segundo do ano 2023, o período medio de pago estaba nos 13 días, no terceiro trimestre de 2025 este período aumentou ata os 77 días. “Un aumento que leva sendo unha constante en todos os trimestres de goberno do PP e que se traduce en empresas e autónomos que cada vez tardan máis en cobrar”.
Pablo Vizoso, voceiro do BNG de Ribadeo explica que “co último pleno tivemos acceso ao informe da Interventora sobre o Período Medio de Pago do Concello que se realiza con carácter trimestral. Levamos moitos meses denunciando o gasto descontrolado no que está instalado este desgoberno e hoxe temos ante nós unha consecuencia máis desta mala xestión. Mes a mes as empresas, autónomos e particulares van tardando máis en cobrar, coa tensión que iso pode xerar no seu día a día. No primeiro trimestre deste ano o prazo medio estaba en 44 días, o que significa que en vez de reducilo, aumentouse en máis dun mes, a aínda nos queda os últimos tres meses do ano. A pesar das nosas advertencias, o goberno do PP parece ignorar este problema e segue acelerando para adiante, cunhas consecuencias a medio prazo catastróficas”.
“O peor de todo non é que o digamos nós, porque queiremos alarmar, senón que son datos que a propia Intervención do Concello de Ribadeo está publicando trimestre a trimestre con consecuencias reais no día a día de moitas veciñas e veciños. Poden saír con mentiras e escusas, pero a realidade é a que é. Volvemos pedirlle, unha vez máis, que xestionen con rigor e rectifiquen antes de que sexa demasiado tarde”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



