Os populares subliñan “o compromiso de traballo do Goberno galego á hora de garantir o acceso á vivenda digna e accesible en toda Galicia, tamén na Mariña”
Lugo, 21 de novembro de 2025. O PP lucense advirte que “os socialistas falsean a realidade sobre a vivenda pública na Mariña. É falso dicir que non existen actuacións ou achegas desde a Xunta de Galicia na materia porque o Goberno galego ten en marcha programas e liñas de axudas para garantir vivenda accesible nos concellos mariñáns”, explican.
Os populares explican que “a Xunta convoca axudas directas aos Concellos para promover a rehabilitación de vivendas e edificacións de titularidade municipal con destino a alugueiro social”. Trátase de axudas de ata 50.000 euros por vivenda -que se incrementan ata os 55.000€ se están no ámbito do Camiño de Santiago e 2.000€ máis se está en zona Rexurbe-. E, na comarca mariñá, os Concellos de Trabada e de Ourol foron beneficiarios da última convocatoria para a rehabilitación de 1 e 2 vivendas, respectivamente.
Os Concellos teñen, ademais, a disposición un Fondo de Cooperación para a promoción de vivenda protexida, un préstamo a fondo perdido que permite aos Concellos construír nova vivenda pública con devolución flexible a 8 anos. Así mesmo, a Xunta facilita tamén a xestión de solo residencial para Concellos pequenos, permitindo poñer solo en mercado para proxectos de vivenda accesible sen que os Concellos teñan que asumir toda a burocracia.
Os populares subliñan “o compromiso de traballo do Goberno galego á hora de garantir o acceso á vivenda digna e accesible en toda Galicia, tamén na Mariña”. Así, inciden en que “estas medidas están activas e dispoñibles para os Concellos da Mariña”. É dicir, a postura do PSOE “non so é equivocada, senón que tamén é unha tentativa de confundir á cidadanía con críticas interesadas”.
REXURBE
Os populares lembran tamén o programa Rexurbe para a rehabilitación de vivenda nos cascos históricos. Os Orzamentos da Xunta para o 2026 contemplan unha partida de 4,8 M€ para este programa en Ribadeo, Mondoñedo, Viveiro -e Vilalba-.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



