Ribadeo, 26 de novembro, 2025. O grupo municipal do Bloque de Ribadeo propón que o goberno leve a cabo o proxecto para a construción de vivendas en Cabanela dedicadas ao alugueiro para xente moza. Este proxecto foi iniciado a comezos do ano 2023 polo anterior goberno do BNG ao facerse este con varios inmobles en propiedade para este fin. Martín Graña anuncia que presentarán unha moción no pleno para instar ao goberno municipal a levar a cabo os trámites necesarios para que este proxecto sexa unha realidade canto antes ante a grave crise de acceso a vivenda que afecta tamén a Ribadeo.
Martín Graña, concelleiro do BNG, engade que “o acceso a vivenda é un problema grave que afecta especialmente á xente moza, basta con botar unha ollada a portais como Idealista para ver que tamén o sufrimos en Ribadeo. Tendo isto en conta, a comezos do ano 2023, o goberno do BNG fixo unha serie de xestións para adquirir unhas parcelas e inmobles na zona de Cabanela para construír neles vivendas destinadas ao aluguer para xente moza. No noso programa levábamos esta proposta e despois de dous anos sen ter ningún tipo de avance nese sentido por parte do PP, hoxe queremos propoñerlle ao goberno municipal que se leven a cabo os trámites necesarios para iniciar esta actuación”.
“Sabemos que non é a solución ao problema e que os concellos teñen unha capacidade limitada neste sentido, pero si que pode ser un bo comezo para aliviar a situación. No próximo pleno presentaremos unha moción, que agardamos que conte co apoio de todos os grupos políticos representados na corporación. Esta é a primeira das medidas que presentaremos sobre a cuestión da vivenda. Se as novas xeracións non teñen garantido o acceso á vivenda é moi complicado que poidan pensar en plans de futuro, en progresar, en facer a súa vida en Ribadeo e que o noso pobo poida avanzar”, conclúe.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



