Viveiro, 3 de novembro, 2025. O BNG explica que: “No ano 2001 o Partido Popular anunciaba a Vía de Alta Capacidade Costa Norte Ferrol-San Cibrao. Facíao asegurando que este corredor estaría finalizado en 2007”.
“Pola contra, a día de hoxe e case 25 anos despois, A Mariña segue agardando por un corredor máis que vital para a nosa comarca”.
“A realidade é que dos máis de 80 quilómetros proxectados nesta VAC soamente puidemos ver construídos 15 que foron licitados polo goberno bipartito. Unha cifra que supón que, de seguir a este ritmo, os e as mariñás teriamos que agardar máis de 130 anos para ver rematada esta vía, xa que a media anual sería de apenas 650 metros por ano”.
“Porén, para entender as razóns deste atraso cada vez máis inexplicable temos que irnos ata o ano 2000. Neste ano, diferentes organizacións políticas e sindicais manifestábanse na Mariña e en Ferrol pola decisión do Partido Popular de que a Autovía do Cantábrico deixase o seu percorrido natural polo Cantábrico e se desviase pola Terra Chá”.
“Tras esta decisión tan controvertida, que non respondeu a ningún tipo de razón empresarial, de transporte ou xeográfica, e despois de 25 anos agardando, a veciñanza da Mariña volveu ver como de novo os orzamentos da Xunta de Galiza non consignan as cantidades necesarias para poñer en marcha a construción da Vía de Alta Capacidade”.
“Para o 2026, están orzamentados 4 millóns de euros nunha partida misturada coas obras da LU-540, estrada que xa require da práctica totalidade do orzamento. Polo tanto, non é só que non teñamos avances na VAC, senón que hai un intento de ocultación e de desviar a atención do manifestado meses atrás, logo de reunións entre o goberno municipal e o galego”.
Por todo o anterior, o BNG propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO:
Instar á Xunta de Galiza a consignar as partidas necesarias nos orzamentos do próximo ano para retomar a construción da Vía de Alta Capacidade Costa Norte.
A este respecto, desde o BNG de Viveiro “queremos manifestar que no pacto asinado para a moción de censura entre PP e Por Viveiro, ía asinada a licitación da variante Area-Arredoada no ano 2025. Este pacto contaba co suposto respaldo da Xunta, mais non se lle deu cumprimento, a pesares de que nos orzamentos do ano 2025 da Xunta de Galiza ían consignados para a VAC Costa Norte 4.749.896 euros, ao igual que desde o ano 2021, onde se levan consignando cantidades similares para a VAC sen que se licitara ningún tramo”.
“Ante unha pregunta do BNG no Parlamento Galego, o PP respondeu que non se pode executar a VAC mentres non se faga a autovía. Non se entende que a Xunta leve anos consignando partidas orzamentarias para este fin, que respalde o pacto da moción de censura, que recentemente faga esta afirmación no Parlamento, e que xusto despois volvan consignar 4 millóns de euros para o ano 2026, sabendo que a totalidade irá para a estrada de Cabreiros (LU-540), que é a única que se está a executar”.
Desde o BNG “instamos á Xunta a que amplíe as consignacións orzamentarias para o 2026, cunhas partidas realistas, para retomar a VAC Costa Norte”.





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



