O grupo parlamentario nacionalista presentou unha proposición non de lei, polo trámite de urxencia, ante a situación laboral dos 86 traballadores afectados polo ERTE na factoría de Cervo
Compostela, 28 de novembro, 2025. O Bloque Nacionalista Galego (BNG) rexistrou no Parlamento de Galiza unha proposición non de lei para o seu debate na Comisión 6ª, solicitando á Xunta que interveña de forma pública na factoría de Sargadelos, situada en Cervo, co obxectivo de garantir a continuidade do emprego e da fábrica.
A iniciativa, impulsada polos deputados Daniel Castro García, Xosé Manuel Golpe Acuña, Brais Ruanova Vilas-Boas, Ramón Fernández Alfonzo e polas deputadas Carmela González Iglesias e Saleta Chao Rivas, chega tras a alarma social xerada polo anuncio dun expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) por forza maior, comunicado o pasado 27 de novembro. A medida afecta directamente a 86 traballadores e estará vixente ata o 15 de decembro.
Ao mesmo tempo, o propietario da empresa notificou ao Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña a súa dimisión como xestor ou CEO da histórica fábrica de cerámica galega.
Desde o BNG denuncian que a situación deixa ao persoal nunha “total indefensión” e critican a falta de resposta do goberno galego, ao que acusan de ser incapaz de reconducir a crise industrial e laboral que afecta á comarca. Por iso reclaman unha intervención pública inmediata que asegure tanto os postos de traballo como a continuidade da factoría.






















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



