Néstor Rego: “Conseguimos que o Goberno central manteña as paradas ou que, se as asume a Xunta, non supoña custe ningún para a Administración Galega”
Madrid, 13 de novembro de 2025. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, pon en valor o traballo realizado pola organización nacionalista durante a negociación do Proxecto de Lei de Mobilidade Sustentábel a respecto do mantemento de todas as paradas de autobús recollidas no mapa concesional do Ministerio.
Un dos logros do BNG neste Proxecto de Lei foi garantir que non se supriman paradas de autobús en zonas sen alternativas de transporte, tal e como recollía o mapa concesional do Ministerio que fora amplamente criticado. Grazas á presión do BNG, a Lei recollerá que se deberán manter conexións nas áreas sen outras opcións e que, no caso de que as Comunidades Autónomas asuman servizos por delegación do Estado, serán compensadas economicamente. Mesmo tamén a salvagarda a hipótese (disposición transitoria segunda) de que se calquera Comunidade Autónoma rexeita asumir eses novos servizos, o Estado terá que seguir prestándoos.
“Como saíu do Congreso, ficaba perfectamente resolto, evitando que zonas rurais da Galiza queden incomunicadas. Conseguimos que o Goberno central manteña as paradas ou que, se as asume a Xunta, non supoña custe ningún para a Administración Galega. Mesmo lle facilitamos o traballo ao PP no Goberno galego” afirma Néstor Rego.
As emendas do PP no Senado: “facer que fan”
“Por iso non entendemos que, cando o BNG deixou resolto o problema que implicaba o mapa concesional de transporte por estrada no noso País, o Partido Popular meta unha emenda que mesmo introduce incerteza” sinala o deputado do BNG. Segundo explica Rego, a emenda popular fala de que se deberán manter “todas as paradas que teñan que ver coa conexión territorial”, nunha fórmula ambigua que abre a porta a que poidan ser suprimidas todas aquelas que o Goberno entenda que non teñen a ver coa “conexión territorial”.
“Non sei se o PP está pensando en que van gobernar de inmediato en Madrid e, por tanto, queren facilidades para aplicar recortes nos servizos e suprimir paradas de autobús” sinala Néstor Rego. “En todo o caso, a proposta do PP empeora o texto que incorporara o BNG e onde había seguridade, agora hai de novo incerteza”, sinala.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



