O secretario xeral do PSdeG explicou tras a súa reunión en Bruxelas con Costas Kadis que este lle trasladou “a impresión” de que a arte xa podería quedar fóra das prohibicións o próximo ano, e retomaríase así en 87 áreas do Atlántico “unha actividade pesqueira tan importante para Galicia”
Bruxelas, 13 de novembro de 2025. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, iniciou hoxe a última xornada da súa visita a Bruxelas cun encontro co comisario europeo de Pesca e Océanos, Costas Kadis, que cualificou de “extraordinariamente positivo”. Tal e como explicou despois o líder socialista, no transcurso da reunión, Kadis avanzoulle que o palangre “sairá fóra da lista de artes prohibidas” en 87 zonas do Atlántico cualificadas como ecosistemas mariños vulnerables. O motivo é que a Comisión dispón de novos datos científicos que avalan o que viña defendendo o Goberno de España: o palangre non dana os fondos mariños.
Kadis detallou que eses estudos deben ser certificados agora polo Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES), que asesora á Comisión en materia de pesca, e todo apunta a que vai confirmar os resultados nun prazo de tempo non moi longo. “Polo tanto, a impresión é que en se 2026 podería retomar unha actividade pesqueira tan importante para Galicia”, dixo Besteiro.
O portavoz do Grupo Socialista no Parlamento galego tamén lle trasladou ao responsable europeo a situación “preocupante” do marisqueo e os efectos das importacións de produtos do mar desde terceiros países, “no plano da trazabilidade, dos problemas de competitividade que xera e do impacto no mercado”. A iso uniu a demanda de que Europa teña en conta ao sector pesqueiro en relación ao desenvolvemento de proxectos de xeración enerxética no litoral. Para o líder do PSdeG, “ten que haber unha convivencia e unha satisfacción dos intereses das comunidades que se dedican á pesca”, para que a instalación de dispositivos mariños de renovables non as prexudique.
En canto ao Marco Financeiro Plurianual 2028-2034, que se está a discutir neste momento, José Ramón Gómez Besteiro reclamou que o orzamento destinado ao sector non se reduza, “tal como contemplaba a Comisión”. Ao contrario, insistiu non só na necesidade de reforzalo, senón de que “ademais se inclúa un fondo específico para a pesca”.
Besteiro lembrou que Galicia “representa a metade da pesca en España e, por tanto, unha parte importantísima da Unión Europea”, polo que defendeu que a comunidade “non pode perder peso” no poder de decisión sobre eses fondos. Mostrou a súa oposición á “recentralización” que propón a Comisión, que sería “un erro”, e avogou por “darlles protagonismo ás comunidades autónomas” dentro dun dos principios que inspiraron a UE, “a participación activa das rexións na toma de decisións”.
Con motivo da xuntanza, José Ramón Gómez Besteiro entregoulle a Costas Kadis “un agasallo especial”, unha insignia da Festa do Bonito de Burela, que elaborou a Fundación Eu Son, da localidade mariñá.
























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



