Xove, 23 de novembro, 2025. O Centro Cívico de Xove acolleu o cuarto sorteo da campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense, organizado pola FCAM
Tres foron as persoas afortunadas con vales de compra por importe de 250, 150 e 100 euros, respectivamente, que lles foron entregados polos convidados especiais que pasaron esta fin de semana por Viveiro e por Xove: Jose Ribagorda, xornalista e escritor, editor e presentador de noticias durante máis de 30 anos en Telecinco e TVE, e creador da iniciativa gastronómica “De las cosas del comer”; Pepa Xastre, xornalista, subdirectora de Las Tardes de RNE, muller de radio en Cadena Ser, Onda Cero e Punto Radio e foi tamén editora do Telediario 1 de TVE; Sergio Martín, xornalista, na actualidade traballa en Directo al Grano de TVE e en Las Tardes de RNE, foi director da Canle 24 Horas e director e presentador de La Noche en 24 Horas e Los desayunos de TVE; e Darío Martínez, xornalista e director do programa Luarca na Onda, de Onda Cero, desde hai 26 anos. Participaron na entrega de premios o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro e a xerente do CCH de Viveiro, Isabel Méndez.
Os xornalistas percorreron da man da FCAM o casco histórico viveirense, visitaron a praia de Area e o Mirador Monte Faro e achegáronse ata o Faro de Roncadoira, ademais de saborear a excelente gastronomía desta zona.





















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



