O filme inclúese no VIII Ciclo de Cine e Mulleres Rurais organizado polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
Barreiros, 14 de novembro de 2025. O Concello de Barreiros proxectará o domingo, 16 de novembro, a película “Prefiro Condenarme”, da cineasta galega Margarita Ledo Andión, dentro da programación municipal de9dicada á loita contra a violencia machista.
O filme enmarcase no VIII Ciclo de Cine e Mulleres Rurais que organiza o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e consta dunha selección de quince longametraxes e curtametraxes que abordan a vida das mulleres rurais desde diversos ángulos de visión.
A proxección terá lugar ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de San Cosme. A película, estreada o pasado ano nas xornadas previas ao Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, é un documental dramático que relata a historia real de Sagrario Ribela Fra, mariscadora da ría de Ferrol e interpretada por si mesma, que tivo que facer fronte a un xuízo por adulterio durante a ditadura franquista, a maiores da violencia e crueldade sufrida durante anos polo que era o seu marido.
A concelleira de Igualdade, Montse Porteiro, sinalou que “con esta proxección, desde o Concello de Barreiros, queremos aportar o noso gran de area na visibilización da loita das mulleres galegas de clase traballadora pola liberdade e pola igualdade, ao tempo que manifestamos o total rexeitamento ás violencias contra as mulleres que sigue a exercer o patriarcado”.
Creación dun punto lila na Biblioteca Municipal de Barreiros e exposición “Mulleres por Mulleres” no Centro Social de San Xusto
Coincidindo co día internacional das bibliotecas, o pasado 24 de outubro foi inaugurado na biblioteca pública de Barreiros un punto lila coa doazón de libros sobre feminismo e loita contra as violencias machistas financiada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero. Con esta iniciativa preténdese sensibilizar a través da lectura e sementar o xerme que promova un cambio neste senso.
Tamén no mes de outubro foi inaugurada no centro social de San Xusto a exposición “Mulleres por mulleres” que o ano pasado abriu a programación do 25 de novembro. Neste mesmo acto foi entregado un lote de libros de temática feminista á biblioteca rural se San Xusto.
Lectura da declaración institucional o martes 25 de novembro
A área de igualdade do goberno de Barreiros dará lectura á declaración institucional contra a violencia, contra quen maltrata e contra quen a nega ou a relativiza, o propio martes 25 de novembro ás 12 horas na Praza do Concello. Desde días previos pendurará do seu balcón a faixa da campaña á que estamos adheridas desde o ano 2019, “ En Negro Contra as Violencias”.























O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.
Presidenta e xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, acudiron ao Teatro a escoitar a Pepe Conde, quen fora xefe do servizo de cirurxía do HULA e persoa moi vinculada a esta vila por motivos familiares. Co seu pregón arrincaron varios días festexos que rematarán o vindeiro martes, día da patroa. Cruzado e Pérez departiron cos responsables da comisión das festas minutos antes do inicio do pregón.
No acto tamén estivo o presidente de ACRUGA, César Dorado Pin, e outras autoridades. López destacou a importancia do certame e entregou os trofeos. A Granxa Gayoso Castro, situada en Castro de Rei, é un referente provincial pola súa labor de formación, investigación e apoio á recría de Rubia Galega en colaboración coa USC e ACRUGA.
A sesión incluirá a proxección da peza, de 27 minutos de duración, e un coloquio con Ugía Pedreira sobre música, saúde e outros temas. A obra forma parte da selección oficial do Barcelona Indie Filmmakers Festival (BARCIF) 2025 e a actividade está promovida por A Pomba do Arco.
O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar



