Ribadeo, 18 de novembro de 2025. Ribadeo inviste cen mil euros no arranxo de estradas en Piñeira e Vilaselán.
O alcalde, Dani Vega, contou que “seguimos xestionando orzamento para mellorar as nosas vías de comunicación. Neste caso son preto de 100.000 euros para mellorar, para modernizar vías de comunicación que son fundamentais, Piñeira concretamente na zona de Vilar e Dompiñor e tamén en Vilaselán, en Penafurada, diante da residencia. Estas estradas estaban completamente abandonadas, son moitos os anos que levan con moitas fochancas intransitables, consideramos que era bo ter unha planificación e aquí concretar esa inversión”.
Para o rexedor “é verdade que non vamos todo o rápido que queremos, nós queríamos ir moito máis rápido, pero non podemos porque hai que facer a xestión, hai que licitar, hai que facer unha serie de tramitacións, pero o que si é verdade é que hai unha planificación de inversión. Así como estamos investindo noutros puntos, pouquiño a pouco e paulatinamente, estamos investindo en todas as parroquias, en todos os lugares nos que hai unha necesidade de inversión, porque as infraestruturas están nunha situación lamentable”.
Vega insiste en que “o importante é a xestión, concretar eses cen mil euros que foron fundamentais para arranxar estas vías de comunicación e seguimos xestionando e mellorando as nosas estradas para que Ribadeo siga avanzando”.





















O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.



